Laboratorio de Cartolab/VideoLab

O Laboratorio de Visualización Avanzada e Cartografía (videaLAB/cartoLAB), situado na ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos do Campus de Elviña, ademais da Sala de Visualización Avanzada compartida do Centro de Innovación en Tecnoloxía da Edificación e da Enxeñería Civil (CITEEC), enfoca as súas actividades no desenvolvemento, investigación e innovación no ámbito das tecnoloxías da representación gráfica aplicadas ao territorio, ás infraestruturas e á construción. As súas liñas de investigación abarcan desde a visualización da obra construída ou proxectada, o patrimonio histórico, ambiental, paisaxístico e cultural, ata o análise xeo-espacial mediante Sistemas de Información Xeográfica (SIG) de infraestruturas, equipamentos e territorios, así como das actividades humanas que acontecen neles, podendo clasificar as súas principais áreas de investigación en:

  • Análise xeo-espacial de infraestruturas e territorios
  • Sistemas cartográficos de participación pública
  • Visualización avanzada na construción
  • Recreación do patrimonio e arqueoloxía virtual

Os ámbitos tecnolóxicos utilizados para este fin, a cartografía e os SIG por un lado, e a visualización 3D por outro, articulan este laboratorio en dous espazos interrelacionados: o cartoLAB, onde se desenvolven os traballos máis orientados ao tratamento e análise da información xeográfica, e o videaLAB, onde se levan a cabo os proxectos de visualización gráfica na construción de infraestruturas, edificación e do territorio. A multidisciplinariedade é un componente fundamental nas investigacións desenvolvidas que permite xerar resultados e aplicacións de gran utilidade para múltiples sectores.



GREEN GAP: IMPULSO DAS INFRAESTRUTURAS VERDES LOCAIS PARA A RESTAURACIÓN DA BIODIVERSIDADE, A RENATURALIZACIÓN E DESEÑO DE PAISAXE RESILIENTE #ANTE O CAMBIO CLIMÁTICO DAS ZONAS URBANAS E RURAIS DE GALICIA E O NORTE DE PORTUGAL

Obxectivo: Incrementar a protección e a conservación da natureza, a biodiversidade e as infraestruturas verdes, tamén nas zonas urbanas, e reducir toda forma de contaminación



© CITEEC - Universidade da Coruña 2017 | Aviso Legal