Curso Educando para a sustentabilidade

Campus, casa, cidade: laboratorios do cambio (Proxecto UDC + Fundación Alcoa)

Memoria e resultados

II Edición Educando para a Sustentabilidade 2019

Durante o curso 2018/2019 desenvolveuse a segunda convocatoria de Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio, iniciativa de formación e participación para a comunidade universitaria en materia de sustentabilidade ambiental e social. Incluída no Proxecto UDC + Fundación Alcoa “Educando para a sustentabilidade”, esta iniciativa ten por obxectivo desenvolver a capacidade para actuar nas cuestións hoxe prioritarias: Economía circular, mobilidade, xestión de residuos, contaminación e saúde, emerxencia climática. Estas e outras temáticas foron contido das conferencias, obradoiros e actividades do curso, que contou coa convocatoria intensiva do Febreiro Ambiental 2019, ademais de actividades complementarias durante todo o curso académico.

Nos resultados rexistráronse 2.370 persoas participantes en algunha das iniciativas, das que aproximadamente o 50% o fixeron durante o Febreiro Ambiental 2019, que ao longo de 15 días incluíu unha programación intensa e sumou a participación de 1.057 persoas. 

Memoria completa Campus, casa, cidade: Laboratorios do cambio 2019

 
I Edición Educando para a Sustentabilidade 2018

Os resultados da primeira edición do proxecto foron presentados o 18 de xullo de 2018 na Sala de Prensa da Reitoría, nun acto que contou coa participación do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o representante de Alcoa A Coruña, Alberto Carvajal, xunto co vicerreitor de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade, Domingo Calvo, e o adxunto para Sustentabilidade, Manuel Soto.

O obxecto do proxecto UDC-Fundación Alcoa “Educando para a sustentabilidade” consistiu en formar ao alumnado nos conceptos básicos da sustentabilidade e desenvolver a súa capacidade para actuar nas cuestións prioritarias da sustentabilidade ambiental e social.

Memoria completa Campus, casa, cidade: Laboratorios do cambio 2018

 

VII Encontro Solar UDC 2019

Obxectivo: Aprendizaxe no aproveitamento das enerxías renovábeis, posibilidades da enerxía solar na cociña: experimentación da cociña solar

Programa: O Encontro Solar da UDC é unha xornada de celebración, na que organizamos un xantar colectivo, xuntando o maior número posíbel de fornos e cociñas solares, dándolle visibilidade ao aproveitamento desta enerxía limpa e inesgotábel, e tamén, á degustación de pratos variados cociñados co sol.

10:30h    Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares

11:30h    Introducimos a comida nos fornos e cociñas

12:30h    Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC1 guiada por  J.M. Giz, Técnico Superior de mantementos da UDC

                Punto de encontro: mesa da OMA, situada no Aparcamento do Xoana Capdevielle

15:00h    Xantar colectivo e degustación de comida solar

16:30h    Recollemos entre todas as persoas participantes

Durante toda a xornada:

  • Haberá unha mesa de experimentación e aprendizaxe de distintos aparellos solares (se tes algún aparello que funcione con enerxía solar, non dubides en participar na actividade! Despois farémosche un sitio no banquete)
  • Poderase visitar a exposición itinerante "A Enerxía Solar" da man de ADEGA
1O CITIC é un edificio da UDC que se alimenta de enerxía solar grazas ás placas fotovoltaicas da súa cuberta

Contidos:

Data confirmada: 31/05/2019
Se a previsión do tempo non é boa, adiarase ao seguinte venres, anunciando e confirmando nesta páx. web.

Lugar: Aparcamento do Ed. Xoana Capdevielle (Campus Elviña)

Inscricións:  A asistencia é libre, pero para participar na cociña con fornos deberás enviar un correo a oma2@udc.gal para podermos reservar o espazo e un forno para ti, se o precisas. Na inscrición indícanos:

Só hai un requisito: pratos, vasos, cubertos, etc. NON PODEN SER DE USAR E TIRAR. Non tería lóxica participar nunha actividade na que nos sensibilizamos no aproveitamento de unha enerxía limpa, na conservación e protección do medio ambiente, consumindo unha morea de recursos que nun anaco serán unha morea de lixo. Podes empregar os da louza cotiá que do mesmo xeito que os traes, regresan a casa, é sinxelo!
 
Para animarte:

- Encontros anteriores:  http://medioambienteudc.blogspot.com/2017/04/v-encontro-solar-na-udc.html?m=1

- Degustación de balde para visitantes durante a mañá, a medida que os petiscos vaian saindo dos fornos

SOMBRA: Ao sol só precisan estar fornos e cociñas, desde a organizacion non podemos asegurar sombra para todas as persoas: se tes carpa ou sombrilla, achégate con ela

Non esquezas o teu Equipo de Protección Individual: Pucho, Gafas, Crema Solar

Mais información: oma2@udc.gal, Tlf. 981 167 000 Ext. 5626 

Cartaz do VII Encontro Solar da OMA-UDC

 

Febreiro ambiental 2019

Obxectivo:  avanzarmos na formación da comunidade universitaria e da cidadanía nos conceptos básicos da sustentabilidade ambiental e social e desenvolver a súa capacidade para actuar naquelas cuestións hoxe prioritarias.

Programa: conferencias, sesións formativas teórico-prácticas, visitas técnicas, obradoiros e traballo de campo monitorizado e autónomo. Combina actividades individuais e en grupo, e fai uso da vivenda, a cidade e o campus como lugares de estudo e experimentación. Todo isto a través do uso das TICs como ferramentas de xeoreferenciación participativa e traballo en rede.

Contidos: Mobilidade, economía circular, saúde, contaminación, residuos, exposicións, ... as actividades prácticas inclúen o cálculo da pegada ecolóxica, a pegada hídrica, mapas de ruído e consumo de auga, auditorías do consumo de auga e enerxía.

Do 15 de febreiro ao 1 de marzo. Podes escoller o tema, o lugar e o momento da participación.

Inscricións: asistencia libre aos módulos de Conferencias e Ciclo de Cinema Ambiental

Imprescindíbel inscrición previa nos módulos de Obradoiros e Manchando as mans: ligazón ao formulario.

Mais información nesta ligazón e no tríptico

Programación completa no Campus de Esteiro (Ferrol)

Contacto   oma2@udc.gal // 981.167.000 Ext. 5626

Certificado de asistencia e aproveitamento pola UDC

Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 1C por cada 10 h de participación, seleccionadas de entre calquera das actividades deste e doutros programas de Educación para a Sustentabilidade da OMA.


Conferencias, mesas redondas, debates

Asistencia libre

  • 19/02. Investigación para a sustentabilidade nas Universidades
  • 20/02. Antropoloxía da bicicleta e mobilidade sustentábel nas cidades
  • 21/02. Factura da luz e mercado eléctrico
  • 21/02. Actualidade na mobilidade da Coruña e a UDC: menos fumes?
  • 22/02. Ecodeseño con plásticos 
  • 22/02. Exercicio e saúde: A prevención primaria e secundaria a través da prescrición do exercicio
  • 25/02. O papel da Educación Superior no Desenvolvemento Sustentábel, ODS 2030.
  • 27/02. A politica europea de Economía Circular
  • 28/02. Enerxía, auga e residuos na UDC
  • 28/02. Contaminación luminosa. A noite é necesaria
  • 28/02. Sustentabilidade e xacementos de emprego verde

 
Obradoiros

Formulario de inscrición

  • 18/02. Ecoauditoría da auga no fogar e nos centros de ensino
  • 19/02. Reciclaxe: Recollida separada residuos. Obradoiro de compostaxe
  • 20/02. Obradoiro de reciclaxe e reutilización de materiais plásticos
  • 20/02. Obradoiro de alimentación saudábel 
  • 22/02. Obradoiros: Pegada ecolóxica e hídrica, Residuos e compostaxe, Auditoría da auga, TIC e ferramentas on line
  • 25/02. Residuos, reciclaxe e compostaxe

 

Obradoiros de Residuos, Auditoría da auga, Pegada ecolóxica e TICs:

DOSIER OBRADOIROS SUSTENTABILIDADE: Cumprimentando este traballo autónomo, o alumnado que desexe optar á convalidación de créditos pode sumar esta tarefa como segue: 4,5h. de traballo autónomo por obradoiro asistido. Estes traballos deberán enviarse antes do 30 de abril de 2019 por correo a oma2@udc.gal.

- Presentacións dos Obradoiros:

 

Manchando as mans

Formulario de inscrición

  • 15/02.Visita ao Parque Eólico Experimental Sotavento.
  • 21/02. Ruta en bici Campus Elviña-Cidade. 
  • 26/02. Descuberta de contaminación acústica: Noise Capture Party.
  • 27/02. Limpeza do entorno natural de Oza. 
  • 01/03. Limpeza da praia de Bens.


Ciclo de cinema ambiental

Lugar e horario: Ed. NORMAL (Riazor), de 19 a 21 h

As proxeccións anunciaranse na web da OMA e do Edificio Normal

  • 26/02: Queimar o monte. Posterior coloquio co seu Director, Emilio Fonseca.
    • Rodado íntegramente en Galiza, analiza as causas do noso principal problema medioambiental: os incendios forestais. Cada ano prodúcense mais de 10.000 lumes. Nos últimos 30 anos queimouse unha superficie equivalente a terceira parte do territorio galego. Trailer do documental aqui.
  • 27/02: Esquece Monelos. Posterior coloquio coa equipa de Dirección e Realización, Marta Eiriz e Amal Nnechachi
  • 28/02: Paraíso roubado. Posterior coloquio co seu Director, Lukas Santiago, e Presidente da APDR, Antón Masa.

Cartaz completo Ciclo de cinema ambiental

 

Exposicións

Do 15 ao 28 de febreiro. Visita libre. 

  • Enchufados ao Sol. Facultade de Ciencias (A Zapateira)
  • A pegada ecolóxica na UDC. Salón de Actos da Vicerreitoría do Campus de Esteiro (Ferrol)
  • Aproximación á mobilidade universitaria na Coruña. Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación (Elviña)

FEBREIRO AMBIENTAL 2019CARTAZ

Organización: OMA-UDC
Financiamento: FUNDACIÓN ALCOA
Participación gratuíta