Curso Educando para a sustentabilidade

Campus, casa, cidade: laboratorios do cambio (Proxecto UDC + Fundación Alcoa)

Marzo Ambiental 2020

ACTUALIDADE: seguindo as recomendacións de saúde públlica das autoridades sanitarias, todas as actividades do Marzo Ambiental 2020, desde o venres 13 (incluido) ata o seu remate (mércores 18) terán q ser CANCELADAS

Na seguinte ligazón poderán atopar mais información, Comunicado e Plan de continxencia da UDC ante o COVID-19: https://www.udc.es/gl/novas/Suspendese-a-actividade-docente-presencial-nas-universidades-galegas/
 
Animámoslle a seguir atenta/o as actividades da OMA cando se retome a actividade no mes de abril.

Obxectivo:  avanzarmos na formación da comunidade universitaria e da cidadanía nos conceptos básicos da sustentabilidade ambiental e social e desenvolver a súa capacidade para actuar naquelas cuestións hoxe prioritarias.

Programa: conferencias, sesións formativas teórico-prácticas, visitas técnicas, obradoiros e traballo de campo monitorizado e autónomo. Combina actividades individuais e en grupo, e fai uso da vivenda, a cidade e o campus como lugares de estudo e experimentación. Todo isto a través do uso das TICs como ferramentas de xeoreferenciación participativa e traballo en rede.

Contidos: Emerxencia climática, Exercicio e saúde, Impactos ambientais, Green Campus, Enerxía, Auga, Residuos e compostaxe,
Ecodeseño, Pegada ecolóxica, Pegada hídrica, Mapas de ruído e consumo de auga, Auditorías de auga e enerxía...

Do 2 ao 18 de marzo. Podes escoller o tema, o lugar e o momento da participación.

Inscricións: asistencia libre aos módulos de Conferencias e Ciclo de Cinema Ambiental

Imprescindíbel inscrición previa nos módulos de Obradoiros e Manchando as mans:ligazón ao formulario

PROGRAMA COMPLETO: DESCARGA PDF | DESCARGA TRÍPTICO

Programa completo no Campus de Esteiro (Ferrol): Descarga pdf

Contacto   oma2@udc.gal // 981.167.000 Ext. 5626

Certificado de asistencia e aproveitamento pola UDC

Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 1C por cada 10 h de participación, seleccionadas de entre calquera das actividades deste e doutros programas de Educación para a Sustentabilidade da OMA.


Conferencias, mesas redondas, debates

Asistencia libre.

  • 02/03/2020, 11:00h. Mesa redonda: Conflitos ambientais en Galiza: Os límites ecolóxicos do urbano.
    Plataformas Casalonga Limpa e Vertedoiro Miramontes (Compostela), Manuel Soto e José A. Cortés (Profesores da UDC).
    Facultade de Socioloxía (Elviña), Salón de graos.

  • 03/03/2020, 12h. A computer-assisted eco-critical discourse analysis.
    Emilia Wasikiewicz-Firlej (Univ. Adam Mickiewicz in Poznań, Dpt. of Ecocommunication).
    Facultade de Filoloxía (A Zapateira), Sala 2.7.

  • 04/03/2020. 11-13h. O programa Green Campus na UDC (I).
    Francisco García (Auditor Green Campus, ADEAC-FEE), Coordinadorxs Comités Green Campus, OMA UDC.
    Facultade de Socioloxía (Elviña), Salón de actos.

  • 05/03/2020, 12h. Luz sobre a factura da luz.
    Xosé Manuel Golpe (Especialista Enerxías Renovábeis, FAEPAC).
    Universidade Sénior (Riazor), Aula 2.

  • 09/03/2020. 16-18h. O programa Green Campus na UDC (II).
    Coordinadorxs Comités Green Campus, OMA UDC.
    Facultade de Ciencias (A Zapateira), Salón de actos.

  • 10/03/2020, 16:30h. Estado de emerxencia climática: Manual de supervivencia.
    Xavier Picos ( Asoc. Os Picos do Sol).
    Facultade de Ciencias do Traballo (Ferrol), Aula Magna.

  • 12/03/2020, 10-11:30h. Proxecto MonRiveR: Queremos recuperar o Río Monelos.
    Alberto Varela (Prof. ETSECCP, Dtor. Cartolab), Amal Nnechachi (Prox. MonRiveR).
    ETSE de Camiños, Canais e Portos, (Elviña), Sala de graos 1.

  • 12/03/2020, 11h. Economía climática e políticas de mitigación.
    Xavier Labandeira (U. de Vigo, grupos REDE e ECOBAS, Dtor. Economics for Energy).
    Facultade de Economía e Empresa (Elviña), Salón de graos.

  • 12/03/2020, 12h. Uso eficiente da Enerxía e da Auga na UDC.
    Jesús Giz (TS Mantementos UDC), Verónica Torrijos (OMA-UDC).
    Universidade Sénior (Riazor), Aula 2.

  • 13/03/2020, 16-20h. O exercicio para a promoción da saúde e prevención da enfermidade nas diferentes etapas da vida.
    Manuel Fraiz Barbeito (CHU Pontevedra), Beatriz Rodríguez Romero (Fac. Fisioterapia UDC), Adoración Gil Bolaños (Htal. Gran Canaria Dr. Negrín), Isabel Raposo Vidal (Fac. Fisioterapia UDC).
    Facultade de Fisioterapia (Oza), Salón de actos.

  • 18/03/2020, 12:30h. Os plásticos, problema medioambiental do planeta?
    Ana Ares, María José Abad (Profesoras EUDI UDC).
    EUDI (Ferrol), Aula audiovisuais.

  • 18/03/2020, 12:00-13:30h. Sustentabilidade nos eventos deportivos.
    Pau Pérez de Pedro (Comité Olímpico Internacional (COI) e Español (COE), Consello Científico de Montañas).
    Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (Bastiagueiro), Salón de actos.

 

Obradoiros

Prazas limitadas. Ligazón ao Formulario de inscrición

  • 03/03/2020, 11:30-13h. R de Reciclaxe: Obradoiro de compostaxe.
    María R. Lafuente (ADEGA)
    Facultade de Ciencias da Educación (Elviña), Aula -1/3

  • 04/03/2020, 12:30h. Sensibilizándonos como reducir o consumo de materiais plásticos.
    Ana Ares, María José Abad (Profesoras EUDI UDC)
    EU Deseño Industrial  (Ferrol), Aula audiovisuais

  • 04/03/2020, 18-19h. Alimentación saudábel: Que esconden as etiquetas nutricionais?
    Cristina Quintela (Asociación de Anorexia e Bulimia A Coruña- ABAC)
    Facultade de Fisioterapia (Oza), Salón de actos

  • 10/03/2020, 11:30-13h. Pegada ecolóxica e pegada hídrica.
    Pedro Vega (Profesor UDC)
    Facultade de Ciencias da Educación (Elviña), Aula -1/3

  • 10/03/2020, 18-19h. Ecoauditoría da auga no fogar e no noso centro.
    Verónica Torrijos (OMA-UDC)
    Facultade de Ciencias da Educación (Elviña), Aula -1/3

  • 12/03/2020, 12-14h. Mapa de recordos do río Monelos: Xeolocalización de fotografías antigas.
    Alberto Varela (Prof. ETSECCP, Dtor. Cartolab), Amal Nnechachi (Prox. MonRiveR).
    ETSE Camiños, Canais e Portos (Elviña), Aula Informática

  • 17/03/2020, 11:30-13h. TICs e xeorreferencia participativa.
    Alberto Varela (Prof. ETSECCP, Dtor. Cartolab)
    Facultade de Ciencias da Educación (Elviña), Aula -1/3

  • 17/03/2020, 16-18h. Construción de fornos solares.
    Juan Bello (Experto Cociña solar e bioconstrución)
    EU Arquitectura Técnica (Zapateira)

 

Manchando as Mans

Prazas limitadas. Ligazón ao Formulario de inscrición

  • 05/03/2020, 10-12h. Visita á planta de reciclaxe de Nostián.
    Organiza OMA traslado en bus, guía persoal técnico da planta
    Punto de encontro: Rotonda de Elviña
  • 05/03/2020, 15:30-17:30h. Noise Capture Party.
    Verónica Torrijos (OMA-UDC)
    Punto de encontro: Xoana Capdevielle (Elviña), Aula 1.

  • 06/03/2020, 10-12h. Visita a Edar Bens.
    Organiza OMA traslado en bus, guía persoal técnico da planta
    Punto de encontro: Rotonda de Elviña

  • 07/03/2020, 11:30-14h. Limpeza da praia de Bens.
    Mar de Fábula e OMA
    Punto de encontro: Praia de Bens

  • 12/03/2019, 15:30-17:30h. Limpeza do entorno natural do Campus da Zapateira.
    Verónica Torrijos e Bolseirxs OMA
    Punto de encontro: Praza da Fraga (A Zapateira)

  • 13/03/2020, 10-14h. Visita a Sotavento.
    Organiza OMA traslado en bus, guía persoal técnico da planta
    Punto de encontro: Rotonda de Elviña

  • 14/03/2019, 11-15h. Roteiro MonRiveR: Saída a campo polo curso fluvial do río Monelos.
    Alberto Varela (Prof. ETSECCP, Dtor. Cartolab), Amal Nnechachi (Prox. MonRiveR)
    Punto de encontro: Entrada principal ETSE Camiños, Canais e Portos

 

Organización: OMA-UDC  |  Financiamento: FUNDACIÓN ALCOA  |  Participación gratuíta


 

Memorias e Resultados

 

Promoción dos resultados Educando para a sustentabilidade
 
II Edición Educando para a Sustentabilidade 2019

Durante o curso 2018/2019 desenvolveuse a segunda convocatoria de Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio, iniciativa de formación e participación para a comunidade universitaria en materia de sustentabilidade ambiental e social. Incluída no Proxecto UDC + Fundación Alcoa “Educando para a sustentabilidade”, esta iniciativa ten por obxectivo desenvolver a capacidade para actuar nas cuestións hoxe prioritarias: Economía circular, mobilidade, xestión de residuos, contaminación e saúde, emerxencia climática. Estas e outras temáticas foron contido das conferencias, obradoiros e actividades do curso, que contou coa convocatoria intensiva do Febreiro Ambiental 2019, ademais de actividades complementarias durante todo o curso académico.

Nos resultados rexistráronse 2.370 persoas participantes en algunha das iniciativas, das que aproximadamente o 50% o fixeron durante o Febreiro Ambiental 2019, que ao longo de 15 días incluíu unha programación intensa e sumou a participación de 1.057 persoas. 

Memoria completa Campus, casa, cidade: Laboratorios do cambio 2019

Tríptico programación Febreiro Ambiental 2019

Cartaz Febreiro Ambiental 2019

 
I Edición Educando para a Sustentabilidade 2018

Os resultados da primeira edición do proxecto foron presentados o 18 de xullo de 2018 na Sala de Prensa da Reitoría, nun acto que contou coa participación do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o representante de Alcoa A Coruña, Alberto Carvajal, xunto co vicerreitor de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade, Domingo Calvo, e o adxunto para Sustentabilidade, Manuel Soto.

O obxecto do proxecto UDC-Fundación Alcoa “Educando para a sustentabilidade” consistiu en formar ao alumnado nos conceptos básicos da sustentabilidade e desenvolver a súa capacidade para actuar nas cuestións prioritarias da sustentabilidade ambiental e social.

Memoria completa Campus, casa, cidade: Laboratorios do cambio 2018

Tríptico programación Campus Casa Cidade 2018

Cartaz 2018

 


 

VII Encontro Solar UDC 2019

Obxectivo: Aprendizaxe no aproveitamento das enerxías renovábeis, posibilidades da enerxía solar na cociña: experimentación da cociña solar

Programa: O Encontro Solar da UDC é unha xornada de celebración, na que organizamos un xantar colectivo, xuntando o maior número posíbel de fornos e cociñas solares, dándolle visibilidade ao aproveitamento desta enerxía limpa e inesgotábel, e tamén, á degustación de pratos variados cociñados co sol.

10:30h    Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares

11:30h    Introducimos a comida nos fornos e cociñas

12:30h    Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC1 guiada por  J.M. Giz, Técnico Superior de mantementos da UDC

                Punto de encontro: mesa da OMA, situada no Aparcamento do Xoana Capdevielle

15:00h    Xantar colectivo e degustación de comida solar

16:30h    Recollemos entre todas as persoas participantes

Durante toda a xornada:

  • Haberá unha mesa de experimentación e aprendizaxe de distintos aparellos solares (se tes algún aparello que funcione con enerxía solar, non dubides en participar na actividade! Despois farémosche un sitio no banquete)
  • Poderase visitar a exposición itinerante "A Enerxía Solar" da man de ADEGA
1O CITIC é un edificio da UDC que se alimenta de enerxía solar grazas ás placas fotovoltaicas da súa cuberta

Contidos:

Data confirmada: 31/05/2019
Se a previsión do tempo non é boa, adiarase ao seguinte venres, anunciando e confirmando nesta páx. web.

Lugar: Aparcamento do Ed. Xoana Capdevielle (Campus Elviña)

Inscricións:  A asistencia é libre, pero para participar na cociña con fornos deberás enviar un correo a oma2@udc.gal para podermos reservar o espazo e un forno para ti, se o precisas. Na inscrición indícanos:

Só hai un requisito: pratos, vasos, cubertos, etc. NON PODEN SER DE USAR E TIRAR. Non tería lóxica participar nunha actividade na que nos sensibilizamos no aproveitamento de unha enerxía limpa, na conservación e protección do medio ambiente, consumindo unha morea de recursos que nun anaco serán unha morea de lixo. Podes empregar os da louza cotiá que do mesmo xeito que os traes, regresan a casa, é sinxelo!
 
Para animarte:

- Encontros anteriores:  http://medioambienteudc.blogspot.com/2017/04/v-encontro-solar-na-udc.html?m=1

- Degustación de balde para visitantes durante a mañá, a medida que os petiscos vaian saindo dos fornos

SOMBRA: Ao sol só precisan estar fornos e cociñas, desde a organizacion non podemos asegurar sombra para todas as persoas: se tes carpa ou sombrilla, achégate con ela

Non esquezas o teu Equipo de Protección Individual: Pucho, Gafas, Crema Solar

Mais información: oma2@udc.gal, Tlf. 981 167 000 Ext. 5626 

Cartaz do VII Encontro Solar da OMA-UDC

 


 

DOCUMENTACIÓN RELACIONADA

Obradoiros de Residuos, Auditoría da auga, Pegada ecolóxica e TICs:

DOSIER OBRADOIROS SUSTENTABILIDADE: Cumprimentando este traballo autónomo, o alumnado que desexe optar á convalidación de créditos pode sumar esta tarefa como segue: 4,5h. de traballo autónomo por obradoiro asistido. Estes traballos deberán enviarse por correo a oma2@udc.gal.

- Presentacións dos Obradoiros: