Usuarios externos

Usuario externo (c) Usuario externo

Os antigos membros da comunidade universitaria da UDC (ex estudantes, antigos PAS ou PDI), estudantes doutras institucións universitarias, investigadores e, en xeral, persoas alleas á universidade que xustifiquen esta necesidade poden ser autorizados/as para utilizar o servizo de préstamo como usuarios/as externos/as.

Esta autorización temporal ten unha duración dun ano, renovable, e permite a quen teña o dito carné, levar 3 obras en préstamo por 10 días cada unha delas.

Presenta a solicitude acompañada do DNI en calquera biblioteca ou envía a documentación escaneada a acceso.soc@udc.es. Consulta previamente o procedemento para facerte usuario/a externo/a.

O uso da rede sen fíos da UDC está restrinxido á comunidade universitaria. Os/As usuarios/as externos/as non poden acceder á wifi, a non ser que sexan ex-estudantes (accederán co seu antigo usuario da universidade e o contrasinal a través da rede udcportal) ou membros doutras universidades que participen no proxecto eduroam. Nese caso utilizarán a rede eduroam configurando o seu ordenador segundo as pautas da súa institución de orixe.