Colección

Mostra de temas da colección da biblioteca

A colección actual ten a súa orixe nos fondos da Biblioteca de Socioloxía, que comezou a funcionar no curso académico 1991/1992, e a posterior integración no ano 2006 dos da Biblioteca de Ciencias da Comunicación. Así os recursos bibliográficos e documentais foron adquiridos por ámbolos dous centros e polos departamentos que imparten docencia neles.

Está especializada en áreas de coñecemento de socioloxía, política, ciencias da comunicación, cine, etc. Reúne 47.049 exemplares de monografías en papel, 159 mapas, 65 revistas impresas vivas e casi 400 CD-ROMs. Tamén conta coa maior colección audiovisual da universidade: 2.678 películas, 186 obras de animación, 371 documentais e case 200 series.

Esta colección compleméntase co acceso a outros recursos de información electrónica (bases de datos, revistas electrónicas, ebooks…) accesibles a través da rede institucional da Universidade da Coruña.

 

SECCIÓNS

Se queres coñecer máis ao detalle os contidos da nosa colección, consulta o CADRO DE SIGNATURAS

 

  DEPÓSITO
DSOC Solicita este material no mostrador de préstamo

 

  COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL
 C1  CINE
 C2  RADIO
 C3  TELEVISIÓN
 C4  SON
 C5  FOTOGRAFÍA E IMAXE
 C6  DESEÑO
 C7  ANIMACIÓN
 C8  XORNALISMO
 C9  DOCUMENTACIÓN - MULTIMEDIA
 C10  VIDEOXOGOS

 

  SOCIOLOXÍA
S1 SOCIOLOXÍA XERAL
S2 METODOLOXÍA E INVESTIGACIÓN SOCIAL
S3 SOCIOLOXÍA RURAL E URBANA
S4 SOCIOLOXÍA INDUSTRIAL E DO TRABALLO
S5 SOCIOECONOMÍA
S6 TURISMO, OCIO E DEPORTE
S7 SOCIOLOXÍA DO XÉNERO. FEMINISMO
S8 SOCIEDADE, ESTRUTURA E CAMBIO SOCIAL
S9 POLÍTICA SOCIAL, SERVIZOS SOCIAIS E TRABALLO SOCIAL
S10 SOCIOLOXÍA POLÍTICA
S11 SOCIOLOXÍA DAS ORGANIZACIÓNS
S12 SOCIOLOXÍA DA SAÚDE
S13 SOCIOLOXÍA DA RELIXIÓN
S14 SOCIOLOXÍA DA CULTURA E DA ARTE
S15 SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN
S16 SOCIOLOXÍA DA COMUNICACIÓN

 

  POLÍTICA
P1 CIENCIA POLÍTICA
P2 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
P3 PENSAMENTO POLÍTICO
P4 SISTEMAS E FORZAS POLÍTICAS
P5 CAMBIO POLÍTICO E POLÍTICA INTERIOR
P6 POLÍTICA EXTERIOR E RELACIÓNS INTERNACIONAIS

 

  MATERIAS AFÍNS
A ANTROPOLOXÍA
B BIOGRAFÍAS - EPISTOLARIOS
D DEMOGRAFÍA
Der DEREITO
F FILOSOFÍA
H HISTORIA
L LITERATURA
Ma MEDIO AMBIENTE
Ps PSICOLOXÍA SOCIAL

 

  MATERIAL DE APOIO / REFERENCIA
Ra ATLAS
Rd DICIONARIOS
Re ENCICLOPEDIAS
Res ESTATÍSTICAS MULTITEMÁTICAS