Catálogo

Busca e atopa (c) Busca e atopa

O catálogo é o principal instrumento para a exploración da colección bibliográfica da UDC e para a xestión dos  préstamos (O meu rexistro). A colección está formada por materiais impresos e electrónicos e inclúe recursos comprados pola UDC, subscritos pola UDC e recursos libres na rede que catalogamos.

A exploración realízase grazas ao traballo de descrición de cada documento que realiza o persoal da biblioteca e normalmente abrangue 3 fases: a busca e a visualización de resultados (as máis explotadas polos usuarios), e unha terceira menos coñecida que permite gardar buscas, crear listas ou exportar rexistros a través de O meu rexistro (consulta o manual de uso para unha información máis exhaustiva).

Neste apartado atoparás pautas e consellos para sacarlle o maior partido ao catálogo. Se ben é importantísimo establecer boas estratexias de busca, recomendámosche tamén que lle prestes atención á pantalla de resultados. Os erros na interpretación do que vemos en pantalla pode levarte a pensar, erróneamente, que non temos un documento que si forma parte da nosa colección.