A miña conta

Ademáis de presencialmente, ou por teléfono, podes xestionar os teus préstamos a través de internet. O meu rexistro é a túa conta persoal desde a que poderás consultar os libros que tes prestados e as datas nas que deberás devolvelos, facer renovacións, reservar libros prestados a outros usuarios/as ou consultar o teu historial de préstamo, ademáis doutras operacións avanzadas.

Os compañeiros da Biblioteca de Ciencias ofrecen desde a súa canle de youtube uns videos curtos e didácticos sobre cómo utilizar o voso rexistro de usuario.

 

CÓMO ENTRAR NO MEU REXISTRO E RENOVAR OS MEUS LIBROS

CONSELLOS
Para entrar no teu rexistro tes que cubrir tres datos: nome e apelidos, código de barras e pin. No campo nome e apelidos chega con que introduzas o primeiro apelido. Se aínda non tes a túa tarxeta universitaria ou esqueceches o seu código de barras proba introducir o número 20, 30 ou 40 seguido do teu DNI sen letra. O código dos/as usuarios/as externos/as está formado por 21+DNI. 

 

COMO RECUPERAR O PIN DA TARXETA UNIVERSITARIA

Se non lembras o PIN, pódelo recuperar fácilmente.

 

COMO RESERVAR UN LIBRO POR INTERNET

Desde O meu rexistro podes reservar libros prestados a outros usuarios, pero non os libros dispoñibles. Os libros dipoñibles podes collelos directamente no teu propio centro ou solicitarnos por teléfono, e-mail ou no mostrador de préstamo que chos enviemos a través do servizo de préstamo intercentros.

 

COMO CONSULTAR O TEU HISTORIAL DE PRÉSTAMOS

Sempre pode ser interesante ir gardando os teus préstamos na conta por se algún día queres volver consultar "aquel libro tan interesante que miraras hai uns meses". Por defecto está desactivado, pero pódelo activar.

 

OPCIÓNS AVANZADAS

No manual de uso do catálogo da BUDC podes aprender como gardar buscas na túa conta, seleccionar documentos e xerar listaxes que podes gardar por temas e exportar os rexistros en distintos formatos a xestores bibliográficos.