Filmoteca

caratulas de DVDs

Grazas a que damos servizo aos estudos de Comunicación Audiovisual, a Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación posúe a colección audiovisual máis grande da Universidade da Coruña e ten unhas condicións de préstamo especiais.

Actualmente (dec 2018) contamos con 2678 películas, 186 obras de animación, 371 documentais e case 200 series.

 

TES TRES XEITOS DE CONSULTAR O QUE TEMOS

SABES QUE BUSCAS

- usa o catálogo (busca por obra ou por autor) 

QUERES EXPLORAR
 

- vai ao noso perfil de pinterest especializado na nosa colección audiovisual

Pinterest Cine

- consulta as listaxes en papel que hai na entrada da biblioteca, ordenadas por número currens segundo imos incorporando novos títulos

Arquivadores en papel

 

 

COLECCIÓN BIBLIOGRÁFICA SOBRE CINE

A colección audiovisual compleméntase con un fondo bibliográfico sobre cinema (signatura C1) que abrangue desde aspectos técnicos, económicos e históricos, ata temas como a dirección artística e crítica cinematográfica.

Este fondo inclúe unha sección de guións e algunhas coleccións de análise de films e autores.

 

FIADOR DE CINE

Tamén podes localizar a través de Fiador recursos de información gratuitos e subscritos pola Universidade da Coruña especializados en Cine. Seranche útiles as guías realizadas pola nosa biblioteca e pola Biblioteca de Ciencias da Educación (Cine e Educación).

 

DIRECTORAS DE CINE

A maiores, creamos dous taboleiros en pinterest onde quixemos poñer en valor o traballo das mulleres directoras e realizadoras recompilando autoras e enlazando con información sobre elas:

(Actualización a 22/08/2018)