Distribución

Distribución

ACCESO

A colección ubícase en zonas distintas en función do réxime de acceso:

Acceso directo

Podes coller directamente o material nas estanterías da sala.

Acceso Restrinxido

Non significa que non se poida consultar ou levar en préstamo, senon que nós somos intermediarios no seu acceso. Cómpre que nolo solicites facilitándonos a súa signatura ou código que atoparás no catálogo. O material de acceso restrinxido inclúe:

 

PRÉSTAMO

Non debes confundir réxime de acceso coas condicións de préstamo. O feito de que poidas acceder ou non ao material directamente non ten nada que ver con que o poidas levar en préstamo nin canto tempo. A asignación de cada un destes parámetros a cada documento particular faise por "razóns de conservación, seguridade, dereitos de autor e licencia de uso" (art. 29 do Reglamento da Biblioteca)

Na nosa biblioteca os documentos poden ter tres tipos de préstamo posible: préstamo normal, préstamo de tres días e material exclusivamente de consulta en sala e estes tipos non están agrupados en ningún lugar específico da biblioteca, se non que se intercalan en toda a colección. Poderás diferencialos pola cor das etiquetas e dos seus códigos.

Tipos de préstamo
  • Préstamo normal (o tempo de préstamo depende do tipo de usuario)
  • Préstamo de 3 días: algúns exemplares de bibliografía recomendada, dicionarios e enciclopedias temáticas e a colección audiovisual ao completo.
  • Consulta en sala: normalmente este tipo de material adoitan ser dicionarios e enciclopedias xerais, ou documentos non publicados (TFG/TFM) ou difíciles de repoñer. Tamén entran dentro do material non prestable as publicacións periódicas.