Consulta en sala

Sala de estudo no 1º andar (c) Sala de estudo no 1º andar

ESPAZO

A biblioteca ocupa unha superficie de 844m2 distribuídos en 2 andares e dispón de 309 postos de lectura. O uso do seu espazo é libre para calquera persoa que se achegue a nós sen necesidade de que sexa usuario propio. Non obstante en época de exames darémoslle preferencia ao estudantado no uso de postos de lectura.

 

COLECCIÓN

Calquera documento é susceptible de ser consultado nas nosas instalacións sen necesidade de presentar a tarxeta de usuario. A colección divídese en dous tipos de material en función do réxime de acceso:

Acceso directo Podes coller directamente o material nas estanterías da sala.

Acceso restrinxido

Non significa que non se poida consultar ou levar en préstamo, senon que nós somos intermediarios no seu acceso. Cómpre que nolo solicites facilitándonos a súa signatura ou código que atoparás no catálogo. O material de acceso restrinxido inclúe:

Material non prestable

 

 

Independentemete do acceso hai un tipo de material que non prestamos. No catálogo aparece como "CONSULTA EN SALA" e nós distinguímolo por unha etiqueta branca con letras en vermello. Normalmente este tipo de material adoita ser dicionarios, enciclopedias, ou documentos non publicados (TFG/TFM) ou difíciles de repoñer. Tamén entran dentro do material non prestable as publicacións periódicas.

EQUIPAMENTO

Tamén está aberto a todo o mundo o uso dos 5 ordenadores de consulta que hai na entrada, mesmo para utilizar programas ofimáticos ou navegar por internet. No caso de estar todos ocupados, darémoslle preferencia á consulta do catálogo e dos recursos electrónicos da biblioteca por riba de calquera outro uso.

Ademáis dispós dun lector de microfichas e reprodutores de DVD e de VHS para consultar material específico, 12 mesas con instalación de corrente, e dous repetidores wifi para ofrecer unha boa conectividade.

Podesnos solicitar alargadeiras e auriculares no mostrador de préstamo.