Adquisicións

A colección da Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación está formada por todos os libros, publicacións periódicas, recursos electrónicos e material audiovisual adquiridos cos orzamentos da UDC e con financiamento externo, así como polos doados por persoas físicas ou xurídicas.

Información xeral

proceso de adquisición do material bibliográfico e documental é diferente segundo o tipo de soporte e o tipo de material que solicites (libro, audiovisual, recurso electrónico, revista).

Podes participar no proceso de selección enviándonos recomendacións de adquisición.

Lembra que antes de enviarnos calquera petición debes comprobar no catálogo da bibiblioteca se o título xa está dispoñible nalgunha das bibliotecas da UDC.
A biblioteca/comisión avaliará cada unha das recomendacións tendo en conta cuestións como a temática, a dispoñibilidade noutras bibliotecas da UDC, o tipo de acceso, o presuposto e se forman parte da bibliografía/recursos recomendados polo profesorado.
Calquera incidencia relacionada coa túa solicitude comunicarémoscha por correo electrónico ou persoalmente se vés pola biblioteca.

Libro

Comproba se hai exemplares nalgunha biblioteca da UDC ou se tes acceso ao texto completo.

Consultacatálogo da biblioteca e o apartado de Libros electrónicos.

Na biblioteca avaliaremos a túa recomendación tendo en conta, ademais da temática e a dispoñibilidade orzamentaria, a dispoñibilidade noutras bibliotecas da UDC e se é bibliografía recomendada ou non.
Envíanos o maior número de datos dos que dispoñas para que poidamos identificar de maneira unívoca o título.
Contactaremos contigo se non localizamos o que nos solicitas.
Ten en conta que, se non especificas a edición que queres, sempre adquiriremos a edición máis recente.

Material audiovisual

No caso do material audiovisual, se non é un dos títulos recomendados para algunha materia, debes engadir no campo de "Información adicional" unha descripción breve de por que consideras importante que o adquiramos.

Recurso electrónico

Por favor, comproba antes no catálogo e na sección de bases de datos se o recurso xa está subscrito.
Neste caso a avaliación e aprobación da túa recomendación segue un procedemiento distinto ao dos libros e do material audiovisual.
Todas as solicitudes que recibimos avalianse na Comisión de biblioteca intercentros de Socioloxía e Ciencias da Comunicación. Nesta comisión valóranse, entre outras, cuestións como o modo de acceso ao recurso, prezo, tipo de licenza ou número de usuarios/as simultáneos.
A comisión reúnese polo menos dúas veces ao ano polo que, se consideras urxente que se contrate, por favor ponte en contacto connosco a través do correo electrónico (soc.bib@udc.es).

Revista

Comproba antes no catálogo e na colección de revistas electrónicas se tes acceso ao texto completo.

Como acontece cos recursos electrónicos a avaliación e aprobación da túa recomendación segue un procedemento distinto ao dos libros e ao do material audiovisual.

Cuestións que debes tener en conta:
a) A xestión da contratación realízaa de forma centralizada a Biblioteca Central.
b) A contratación ten carácter anual o que quere dicir que só se poderán dar de alta novos títulos de revistas unha vez ao ano.
c) Se a revista se edita en papel e en formato electrónico darase prioridade á subscrición en formato electrónico xa que isto facilitará o acceso a toda a comunidade universitaria.
d) Se a revista se edita únicamente en papel a política é de non duplicidade. Se está subscrita nunha das bibliotecas da UDC non se autorizará a alta noutra biblioteca.
e) A Biblioteca Central abrirá ao longo do ano un prazo no que nos solicitará que lle enviemos a proposta de altas/baixas para o ano seguinte.
f) A Comisión de biblioteca intercentros de Socioloxía y Ciencias da Comunicación, tras avaliar todas as solicitudes recibidas , enviará a proposta de altas/baixas para o ano seguinte procurando que o incremento presupostario sexa 0, altas por un importe similar ao das baixas.

Seguemento do pedido

Libros e material audiovisual

Si a biblioteca avalía positivamente a recomendación introduciranse os datos na base de datos da biblioteca e enviarase o pedido a un dos provedores.

Desde ese momento se buscas no catálogo da biblioteca o título que solicitaches poderás ver, ademais de datos como o título, editorial e/ou autor/es, información sobre o número de exemplares solicitados e a data na que foron solicitados ao provedor.

Exemplo: 1 exemplar pedido para Socioloxía-Comunicación o 01-02-2018

Se a avaliación é negativa ou non podemos conseguir o título solicitado poñerémonos en contacto contigo a través do correo electrónico informándote do motivo/s polo que desestimamos a recomendación ou a causa pola que non podemos adquirir ese material, por exemplo por estar esgotado.

Recursos electrónicos e revistas

Tras a reunión da Comisión de biblioteca intercentros informarémoste por correo electrónico, tanto se a avaliación é positiva e polo tanto vanse a iniciar os trámites de adquisición/contratación, como se a avaliación foi negativa informándote de cal/es foron os motivos para desestimar a túa solicitude.

Avisos

Enviarémoste tres tipos de avisos por correo electrónico:

1. Recepción na biblioteca: o material que solicitasches xa chegou á biblioteca e está dispoñible para a súa consulta.
Asunto: Información sobre títulos solicitados á biblioteca (nombre e apelidos dosolicitante)
Texto: Os títulos que nos solicitou e que xa procesamos na biblioteca son os seguintes:
Título (con enlace ao catálogo)
Signatura

2. Imposibilidade de tramitar o pedido: o material que solicitaches está esgotado e non o podemos adquirir. Neste caso, sempre que non haxa exemplares dispoñibles na UDC, poderías tramitar unha solicitude a través do Servizo de Préstamo Interbibliotecario.

3. Solicitude desestimada: o material que solicitaches non se adapta por temática á colección desta biblioteca, nese momento non tenemos dispoñibilidad presupuestaria ou está dispoñible noutras bibliotecas da UDC.

Prazos de entrega

Logo da entrada en vigor da nova lei de contratos, como norma xeral e agás excepcións puntuais das que che informaremos por correo electrónico.

Libros
Editado en España: 15-20 días.
Editado en Europa e EEUU: 20-25 días
Editado en Sudamérica: neste caso o prazo varía en función do país e a editorial. Se a editorial non ten distribución en España o plazo é de 2-3 meses

Material audiovisual
O prazo neste caso varía dependendo do distribuidor ao que enviemos o pedido. O prazo habitual é de 20-25 días.

Bibliografía recomendada

Se o título (libro-audiovisual) que solicitas é bibliografía recomendada lembra que é moi importante que nos indiques en que materia e curso.
A biblioteca antes do comezo de cada cuadrimestre revisa as fontes de información que figuran nas guías docentes de cada materia e titulación.
Si es docente e vas a recomendar algún título que non figura na guía docente por favor solicítao o máis pronto posible para que esté dispoñible cando impartas a materia.
Si es estudante e hai algún título que che recomendaron e que non figura na guía docente recoméndanos a súa adquisición.

Doazóns

A doazón é unha das formas de adquisición de fondos documentais, gratuíta no que se refire ao custo do material pero que supón un custo de persoal, almacenamento e conservación que fan necesario que se establezan uns criterios para a súa aceptación.

Tipos de doazóns

a) Doazóns habituais de pequena cuantía.

  • Documentos non solicitados pola biblioteca que son doados puntualmente por particulares e/ou institutcións.
  • Documentos que solicitamos a organismos públicos ou privados. Por norma xeral trátase de documentos que non seguen os circuitos habituais de distribución e que polo tanto son difíciles de adquirir por compra.

b) Doazóns de fondos documentais extraordinarias polo seu grande volume ou valor especial.

Proceso de valoración

a) As doazóns de pequena cuantía que recibimos sen telas solicitado valorámolas seguindo criterios como: a adecuación á colección, a dispoñibilidade en outras bibliotecas da UDC, se o texto completo está dispoñible en acceso aberto, a previsión de uso ou a calidade da edición.
b) As doazóns extraordinarios seguen un procedemento de valoración e aceptación diferente. A persoa natural ou xurídica debe proporcionarnos información sobre o contido, historia, volume e cronoloxía dos fondos documentais que desexa doar. A partir desa información elabórase un informe no que se terá en conta a utilidade dos fondos dentro da colección da biblioteca, o espazo dispoñible para o almacenamento, o valor dos fondos e o custo que supón o proceso técnico a que se deben someter. Tamén se valorará se os fondos requiren condicións especiais de almacenamento e/ou uso.

A biblioteca resérvase o dereito de aceptar ou rexeitar unha doazón.

Contacta coa biblioteca (soc.bib@udc.es) se desexas realizar unha doazón.