Ademáis de presencialmente, ou por teléfono, podes xestionar os teus préstamos a través de internet. Desde A miña conta poderás consultar os libros que tes prestados e as datas nas que deberás devolvelos, facer renovacións, reservar libros ou consultar o teu historial de préstamo.
Acceder á túa conta e dentificarse como membro da UDC permite:
Coñecer a política de préstamo dos exemplares físicos e a súa dispoñibilidade.
Acceder ao texto completo dos recursos electrónicos subscritos pola biblioteca.
Renovar préstamos, reservar documentos e solicitalos a outras bibliotecas.
Configurar preferencias, gardar buscas e definir favoritos.
Importante: un usuario/a non identificado non visualizará o tipo de préstamo e as condicións asociadas a cada exemplar.
Se es usuario externo dado en alta en UDC Passport, tamén debes acceder á túa conta como Usuario UDC
Desde a túa conta de usuario, podes facer a renovacion dos títulos que teñas en préstamo, sempre que o prazo non esté vencido.
Na opción Os meus préstamos, podes ver a listaxe de préstamos activos e as datas de vencemento. Selecciona os títulos que che interese renovar.
Sempre é interesante ter gardados os teus préstamos na túa conta por se algún día queres volver consultar "aquel libro tan interesante que miraras hai uns meses".
Desde a túa conta, na opción Os meus préstamos podes seleccionar ver a listaxe do teu histórico de préstamos.
Desde A miña conta podes reservar libros, estean dispoñibles ou prestados a outros usuarios.
Na caixa de busca permanente de Crunia introduce os termos de busca para localizar o título que che interesa levar en préstamo.
Unha vez localizado o exemplar, podes ver si hai exemplares dispoñíbles, en que bibliotecas e con que condicións de préstamo. Preme en Solicitar/Reservar para reservalo.