Aulas Net

A Universidade da Coruña conta cunha rede de AulasNet repartidas polas distintas facultades e centros que prestan un servizo de apoio á docencia e posibilitan que todos os estudantes dispoñan de acceso libre ao material informático dispoñible para a realización dos seus traballos. O noso centro dispón dunha AulaNet con ordenadores equipados con aplicacións informáticas, acceso a internet e fotocopiadora/ impresora. O seu uso está restrinxido aos estudantes universitarios. Os bolseiros, no seu horario de atención, axudaranvos a solventar as vosas dúbidas sobre o funcionamento da aula, as aplicacións ou como recargar a tarxeta.

Ubicación: 1º andar

Horario: 9h - 21h

Bolseiros (horario de atención)

  • Nilo: Luns de 12.00h - 13.00h e de 16.00 - 18.00h, Martes de 16.00 - 18.00h e Xoves de 9.00h - 11.00h
  • Eva: Martes de 10.00h - 14.00h, Mércores e Xoves de 12.00h - 14.00h.
FOTOCOPIAS
  • Cada comezo de curso a universidade recarga a vosa conta virtual con 3€.
  • O prezo da impresión nas AulasNet é de 0,01 cts. por folla e o pago pódese facer a través da tarxeta universitaria ou da conta virtual (podes traspasar cartos desde a tarxeta á conta para evitar utilizala).
  • O recargo da tarxeta (TIU) pódese facer na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Campus de Elviña - Coruña), no Servizo de Deportes e no Edificio de Apoio ao Estudo (Campus de Esteiro - Ferrol), nas oficinas do Santander máis próximas á Universidade, e nos caixeiros 4B (Operacións - Portamoedas) se a túa tarxeta ten ese servizo.
  • Se tes problemas de impresión e non podes contactar cos bolseiros que atenden a aula, cómpre enviar un correo a aulanetudc@udc.es aportando o login do usuario, o importe, data e hora de impresión e unha descrición do que aconteceu.

 

TARIFAS DETALLADAS

Impresión en branco e negro:

  • B/N A4: 0,01 cts. € por páxina
  • B/N A3: 0,02 cts. € por páxina

Impresión en cor

  • COR A4: 0,18 cts. € por páxina
  • COR A3: 0,36 cts. € por páxina