Os antigos membros da comunidade universitaria da UDC (ex estudantes, antigos PAS ou PDI), estudantes doutras institucións universitarias, investigadores e, en xeral, persoas alleas á universidade que xustifiquen esta necesidade poden ser autorizados/as para utilizar o servizo de préstamo como usuarios/as externos/as.
Esta autorización temporal ten unha duración dun ano, renovable, e permite a quen teña o carné, a levar 6 obras en préstamo por 10 días cada unha delas.
Si desea darse de alta como persona usuaria autorizada externa ten que enviar ao correo electrónico accesodoc.biblioteca@udc.gal a seguinte documentación.
O formulario impreso tamén está dispoñible nas bibliotecas da Universidade para quen o prefira entregar presencialmente.
Unha vez dada de alta, a persoa usuaria recibirá unha carta de benvida e un correo electrónico que lle permitirá cambiar o seu contrasinal.
Pasados uns días, as tarxetas estarán dispoñibles e poderanse recoller na biblioteca seleccionada pola persoa usuaria.
As persoas usuarias autorizadas externas que desexen identificarse no catálogo Crunia, terán que iniciar a sesión como Usuario/a Autorizado/a e identificarse co código de barras da tarxeta (21 + DNI) e coa súa contrasinal.
Na túa conta de usuario autorizado poderás consultar:
Como persoa usuaria autorizada externa NON TEN ACCESO aos recursos electrónico subscritos pola UDC.
Para levar exemplares en préstamo na biblioteca, debes presentar algún dos seguintes documentos:
O uso da rede sen fíos da UDC está restrinxido á comunidade universitaria. Os/As usuarios/as externos/as non poden acceder á wifi, a non ser que sexan ex-estudantes (accederán co seu antigo usuario da universidade e o contrasinal a través da rede udcportal) ou membros doutras universidades que participen no proxecto eduroam. Nese caso utilizarán a rede eduroam configurando o seu ordenador segundo as pautas da súa institución de orixe.