Normativa

Usuarios

Membros da comunidade universitaria da UDC (preferentemente estudantes, persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador das facultades de Socioloxía e CC. da Comunicación)

Horario

Luns a venres de 8.30h a  21.30h

Reservas

Obrigatorias (online): pódelas facer entrando en Servizos UDC > espazos e horarios udc > Socioloxía e CC. da Comunicación (esta opción amosa os espazos comúns da Facultade de Socioloxía e da Facultade de CC. da Comunicación e atoparala na parte superior do despregable onde se escolle "Centro")

Titular: a persoa que fai a reserva a través da web ten que identificarse no mostrador e é a responsable de que a sala se manteña, á saída do grupo, nas mesmas condicións nas que estaba ao entrar nela.

O retraso en máis de 15 minutos na hora de entrada á sala implicará a cancelación da reserva.

Non está permitido

Fumar, comer ou beber dentro do recinto (como tampouco está permitido no resto da biblioteca).

Facer mal uso do material (os encerados deben quedar limpos ao saír).

Falar nun ton de voz excesivamente elevado.

Non respectar a normativa pode implicar que o grupo teña que abandonar a sala ou restriccións no seu uso en futuras ocasións.

Consulta nesta ligazón o texto completo da normativa.