• QS RANKING BY SUBJECT
    Posto 451-500
    en Enxeñaría Mecánica
  • WEBOMETRICS
    UDC, no 7% (España) e o 14% (mundo)
    das universidades top en rendemento web
  • URAP
    Posto 34 do SUE
    e 827 do mundial
  • FUNDACIÓN COMPROMISO Y TRANSPARENCIA
    Posto 7 no ranking nacional
    das universidades máis transparentes
  • GREENMETRIC
    Posto 3 do SUE
    e 85 mundial

A UDC nos rankings universitarios

Os rankings universitarios estanse impoñendo como unha nova ferramenta de avaliación da actividade académica e investigadora de gran atractivo mediático e influente a nivel social. Debe terse en conta que os rankings poden adoptar un enfoque baseado no volume de resultados, nese caso o tamaño é importante, ou ben un enfoque que se centra na produtividade. Así mesmo cada ranking utiliza criterios e persegue obxectivos diferentes.

A Universidade da Coruña (UDC), por tamaño, ocupa o lugar 25 de entre as 48 universidades españolas públicas presenciais (IUNE, 2018). É unha universidade nova, cuxos estatutos foron publicados en 1992.

Neste informe preséntanse os resultados da UDC nos distintos rankings, tanto internacionais como nacionais.

Rankings internacionais

Só 28 universidades españolas conseguen entrar este ano no ranking e a UDC é unha delas, ocupando o posto 801-1000.  Ler máis...

QS Ranking by Subject

A UDC figura entre as 500 mellores universidades a nivel mundial no eido da Enxeñaría Mecánica, situándose na posición 451-500. Ler máis...

A UDC sitúase na banda de 801-1000 do total de institucións avaliadas en todo o mundo e o posto 23 a nivel nacional. Ler máis...

Por segundo ano consecutivo a UDC figura neste ranking de educación, ocupando nesta edición o posto 151-200. Ler máis...

A UDC participa con 9 áreas, estudándose o comportamento en docencia, investigación, citas, transferencia e proxección internacional. Ler máis...

Por terceiro ano consecutivo a UDC figura neste ranking de universidades novas, ocupando nesta edición o posto 201-250. Ler máis...

A UDC colócase na posición 101-200 das máis de 450 universidades avaliadas no mundo. Posición 57 en Acción polo clima. Ler máis...

A UDC ocupa a posición 3 das 27 universidades españolas avaliadas. A nivel mundial ocupa a posición 85 das 780 universidades. Ler máis...

Por terceiro ano consecutivo, a UDC sitúa a titulación de Enxeñaría Civil entre as 300 mellores titulacións desa área no mundo. Ler máis...

Neste ranking a UDC obtén dous indicadores no grupo de alto rendemento: prácticas na rexión e ingresos rexionais.  Ler máis...

Entran 34 universidades do SUE. A UDC destaca en proporción de artigos escritos por mulleres e proporción de publicacións coa empresa. Ler máis...

Neste ránking a Universidade da Coruña ocupa a posición 31 en España mentres que a nivel mundial está no posto 964. Ler máis...

Neste ránking a UDC ocupa a posición 34 das 61 universidades españolas avaliadas. A nivel mundial ocupa a posición 837 de 2500. Ler máis...

A UDC figura por primeira vez aparecendo ata en 8 áreas distintas. Destaca en Enxeñaría Civil (posto 352) e Informática (posto 466). Ler máis...

A UDC ocupa neste ranking a posición 35 das institucións nacionais, a 344 en Europa e a 840 a nivel mundial en rendemento web. Ler máis...

Neste ránking a UDC colócase na posición 18 en España, na posición 120 de Europa e na posición 272 a nivel mundial. Ler máis...

Neste ránking a UDC ocupa o posto 36 a nivel nacional e o posto 989 a nivel mundial, de entre as 20000 universidades avaliadas. Ler máis...

A UDC sitúase no posto 28 do total de institucións españolas avaliadas (mellorando 6 postos con respecto ao ano anterior). Ler máis...

A UDC ocupa o posto 45 das 65 universidades españolas avaliadas e o 515 de entre as 3471 institucións de educación superior. Ler máis...

Rankings nacionais

Posto 4º en patentes nacionais e 5.º en proporción de publicacións nas 3 primeiras revistas de cada área científica. Ler máis...

Destacamos en publicacións interdisciplinares, spin-offs, titulacións en idioma estranxeiro (máster), prácticas en empresas da rexión... Ler máis...

A UDC ocupa o posto 18 das 79 universidades españolas estudadas, o 15 entre as universidades públicas. Ler máis...

A UDC sitúase no nivel 7 no ranking de rendemento. Por outro lado, ocupa o nivel 21 no ranking de volume . Ler máis...

A UDC colócase na posición 7 das 50 universidades públicas españolas avaliadas e mantén a posición cando se inclúen as privadas. Ler máis...

A Universidade da Coruña colócase na posición 7 dun total de 49 universidades públicas avaliadas a nivel nacional neste ranking. Ler máis...