Ranking El Mundo

Ranking El Mundo

El Mundo ofrece unha guía que recolle as 50 titulacións máis solicitadas polos alumnos e os centros académicos mellor valorados para cursalas. A clasificación é froito dunha análise de 27 criterios de selección, a opinión de máis de 2000 profesores ademais doutros indicadores.

Doutra banda, tamén realiza unha guía dos mellores másteres en 50 categorías, publicando o top 5 de cada unha delas. A clasificación é froito da análise de 25 criterios e a opinión de 800 profesores.

Fontes de información 

Cuestionario a profesores, datos das propias universidades, informes da ANECA e resultados de informes de universidades españolas.

Data de publicación

6 de maio de 2026 (grao) e 25 de xuño de 2025 (máster)

Resultados (grao)

Desde a AXD elabórase un ranking tendo en conta os resultados ofrecidos por El Mundo da seguinte maneira: suma de primeiros, segundos e terceiros postos seguidos da suma de cuartas e quintas posicións, primando, en caso de empate, o número de titulacións que cada universidade logra en primeiro lugar, segundo, terceiro e así sucesivamente ata o quinto escalafón. Seguindo este criterio, a UDC ocupa o posto 18 das 93 universidades españolas estudadas, o que a sitúa dentro do primeiro terzo. Dentro das universidades públicas, a UDC é a 15ª de 48 institucións avaliadas

ElMundoSUE_g


Posición das titulacións da UDC no “Ranking das 50 titulacións máis demandadas”:

Titulación Posición
Fisioterapia 1
Terapia ocupacional 2
Enxeñaría civil 5

 

ElMundo_Grados_g


Resultados (máster)

Este ano, un máster da UDC, en concreto o Máster en Bioinformática para Ciencias da Saúde aparece dentro das cinco primeiras posicións da área de Biotecnoloxía.

Posicións da UDC no ranking El Mundo (máster):

 

2025

Biotecnoloxía

 

Bioinformática para Ciencias da Saúde

5

 


Actualizado: maio de 2026