URAP: University Ranking by Academic Performance

http://www.urapcenter.org/

O University Ranking by Academic Performance (URAP) estableceuse no Instituto de Informática da Universidade Técnica de Oriente Medio en 2009. O obxectivo principal da URAP é desenvolver un sistema de clasificación das universidades analizando a produción científica a través do número e calidade das publicacións. O ranking analiza 2500 institucións de educación superior de todo o mundo. Baséase en 6 indicadores de rendemento académico cos seguintes pesos: artigos (21%), documentos totais (10%), citas (21%), impacto total artigos (18%), impacto total citas (15%) e colaboración internacional (15%).

Fontes de información

InCites

Data de publicación

15 de decembro de 2019

Edición

2018-19

Resultados

A UDC ocupa a posición 34 das 61 universidades españolas avaliadas (públicas e privadas) e a 827 a nivel mundial. Prodúcese unha subida respecto da edición anterior de 27 postos a nivel mundial.

Urap_Web_UDC_gal_2019

Urap_Web_cuartiles_gal_2019

URAP_scores_gal_2018


Actualizado: xaneiro 2020