O GreenMetric World University Ranking é unha iniciativa da Universidade de Indonesia que se realizou por primeira vez en 2010. O obxectivo deste ranking é proporcionar unha clasificación atendendo ás políticas relacionadas co medio ambiente (loita contra o cambio climático mundial, conservación da enerxía e a auga, reciclaxe de residuos…) nas universidades de todo o mundo. Actualmente avalíanse máis de 780 universidades de todo o mundo.
Datos das propias universidades.
3 de decembro de 2019
A UDC ocupa o posto 3 das 27 universidades españolas avaliadas, o que a sitúa na mellor posición nacional da súa historia. A nivel mundial ocupa a 85ª posición das 780 universidades estudadas, mellorando 8 postos con respecto á edición anterior e obtendo o mellor resultado histórico. Estes datos sitúano entre o 11% das mellores universidades a nivel mundial e nacional.
Actualizado: decembro 2019