Innova TECH

Esta área de especialización céntrase no desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras en diferentes ámbitos, como a enxeñaría civil, a edificación, a aeronáutica ou a bioloxía avanzada.    

Tamén destaca nesta área o desenvolvemento de novos materiais, de tecnoloxías e procesos de construción innovadores, de sistemas de transporte para unha mobilidade intelixente e segura, e o avance na bio e nanotecnoloxía.

Liñas de especialización

TECH 1. Deseño estrutural eficiente en edificación, enxeñaría civil e aeronáutica

Desenvolvemento de novas tecnoloxías e estudo de seguridade, fiabilidade e deseño eficiente de estruturas arquitectónicas e civís, que inclúe a optimización de pontes de gran van e de estruturas de enxeñaría aeroespacial, así como doutras estruturas e enxeñaría do vento.

TECH 2. Modelización numérica e físico-experimental de problemas en enxeñería

Desenvolvemento e implementación de métodos numéricos e experimentais para problemas en enxeñaría, co fin de garantir a fiabilidade e o deseño óptimo de estruturas arquitectónicas, civís e aeronáuticas e modelización enerxética.

TECH 3. Deseño eficiente de infraestruturas e explotación de sistemas de transporte terrestre e marítimo

Desenvolvemento de novas solucións de deseño e xestión intelixente de infraestruturas e servizos e mellora do seu rendemento e eficiencia para que sexan capaces de atender aos requirimentos da sociedade, nos ámbitos do transporte terrestre e marítimo.

TECH 4. Tecnoloxías en monitorización, visualización e xestión de datos no medio ambiente e nas infraestruturas

Desenvolvemento de novas solucións de xestión intelixente de infraestruturas e servizos e mellora do seu rendemento e eficiencia para que sexan capaces de atender aos requirimentos da sociedade. Inclúe o desenvolvemento de técnicas de instrumentación e monitorización do medio natural, de infraestruturas aplicadas ao laboratorio no ámbito da experimentación en enxeñaría e no medio ambiente, así como a aplicación de técnicas de intelixencia artificial para a modelización avanzada de procesos físicos no ámbito da enxeñaría.

TECH 5. Nanotecnoloxía, materiais e medios de produción

A modernización dos sectores tradicionais pasa en gran medida pola mellora da eficiencia e dos beneficios no uso dos recursos locais e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido. Neste contexto as industrias enerxética, farmacolóxica, acuícola, cosmética e alimentaria teñen unha grande importancia e a nanotectoloxía é unha ferramenta fundamental.

TECH 6. Novos axentes para diagnóstico e terapias

Pretende potenciar o descubrimento de novos axentes con propiedades farmacolóxicas e de novas ferramentas de diagnóstico clínico. Inclúe tamén a aplicación de tecnoloxías innovadoras para o avance no coñecemento das diferentes patoloxías. Outro dos seus obxectivos é desenvolver terapias para enfermidades crónicas.