Próximos eventos

Xornada “Oportunidades de Cascade Funding para investigadores”

12 de xullo

Sala Cloud do CITIC

Durante a xornada daranse a coñecer as posibilidades que ofrecen as convocatorias de Cascade Funding para o financiamento de proxectos.

Tras a celebración desta xornada, seleccionaranse os 4 grupos máis prometedores para a captación de financiamento e prestaráselles un asesoramento personalizado. 

A xornada será impartida por Funding Box, a compañía líder en Cascade Funding que, a través de Econet, apoiou desde hai máis de 25 anos a entidades públicas e privadas á hora de obter fondos públicos Europeos para os seus clientes. Actualmente está presente en 19 proxectos H2020, seis deles como coordinador.

Para participar na xornada é necesario inscribirse enviando os datos de contacto a oficina.innova@udc.gal antes do 9 de xullo.

Ciclo de Visitas Xullo 2019 "Coñece os Centros de Investigación da UDC"

11 de xullo - CITEEC
16 de xullo - CICA
19 de xullo - CITIC
O ciclo inclúe tres visitas independentes aos centros de investigación que conforman o parque tecnolóxico do Campus de Elviña da Universidade da Coruña.
As visitas darán comezo ás 10:00 horas e terán unha duración aproximada de 60-90 minutos.
Para participar nunha ou en varias das visitas propostas é imprescindible inscribirse antes do 8 de xullo.
Os grupos serán limitados, sendo para cada un dos centros dun máximo de 25 persoas, que serán seleccionadas por estrita orde de recepción das solicitudes. Crearanse, así mesmo, listas de reserva por se algunha das persoas inscritas non puidese finalmente asistir.

Inscrición

Curso de verán - O humanista dixital

2 -5 xullo

Facultade de Filoloxía (Campus A Zapateira)

O curso "O humanista dixital: competencias, recursos e ferramentas para o estudo e a investigación no século XXI", de 30 horas de duración, ofrece información e formación sobre novos métodos e tecnoloxías e desenvolvemento pola revolución dixital aplicados á investigación en disciplinas humanísticas, así como práctica activa baixo a dirección de expertos en tecnoloxías punteiras.

Así mesmo, presentaranse diversos proxectos en curso e espérase un animado intercambio e reflexión sobre as Humanidades dixitais e a súa interacción con saberes tradicionais.

Prazo de matrícula: do 21 de maio ata o 25 de xuño

Máis información

Eventos pasados

Naukas Coruña 2019: Saúde e medicina no século XXI

8 de xuño

Teatro Rosalía de Castro

O evento, impulsado por Museos Científicos Coruñeses en colaboración con  Naukas e o Campus Innova da Universidade dA Coruña, inclúe trece charlas para todos os públicos relacionadas co tema Saúde e medicina no século  XXI.
Desde as 10.00h e ata as 20.30h, as trece persoas convidadas falarán sobre cuestións como a obesidade, a investigación dos cancros, internet como fonte de información sobre temas de saúde, as vacinas, as expectativas do tándem big data e xenética, a medicina personalizada, ou a técnica de edición xenética CRISPR.
A entrada é gratuíta pero é necesario reservar praza aquí.

Programa

Festival Pint of Science

20 - 22 de maio

La Consentida (Alfredo Vicenti, 35)

O festival Pint of Science ten como obxectivo ofrecer charlas interesantes, divertidas, importantes, sobre as últimas investigacións científicas, nun formato accesible ao público en un bar.

O festival celébrase anualmente durante tres días, simultaneamente en bares de todo o mundo.

Entre o 20 e o 22 de maio, ás 20:00 horas, profesorado da Universidade da Coruña e outros expertos, ofrecerán as seguintes charlas divulgativas abertas ao público:

  • Luns, 20 de maio:
    • Pasamos de moda. Obsolescencia programada. Impartida por Ánxela Bugallo.
    • Nesgos, nesgos e mais nesgos!. Impartida por Ricardo Cao.
  • Martes, 21 de maio:
    • Informática y cambio social. Impartida por Nieves Rodríguez.
    • Cuestión de tamaño. Impartida por Moisés Canle.
  • Mércores, 22 de maio:
    • Cosas que nunca habías imaginado del hormigón. Impartida por Gemma Rojo.
    • Appyfee frente a la Vespa Mandarinia. Impartida por Nuno Troitiño.

Máis información

Presentación 1ª Convocatoria Business Factory Food

30 de abril

CICA

Presentación da primeira convocatoria do programa Business Factory Food, a aceleradora vertical para o sector agroalimentario coordinada polo Clúster de Alimentación de Galicia (CLUSAGA). 

Durante a xornada, organizada pola Universidade da Coruña e o Instituto Tecnolóxico de Galicia, amosarase a importancia da capacidade desta aceleradora vertical para mellorar a madurez dos proxectos de innovación (Innovation Readiness), a súa taxa de éxito, así como o rendemento final dos produtos ou servizos finais que se van poñer a disposición dos usuarios, consumidores ou outros axentes industriais.

No encontro participarán representantes de: 

  • Universidade da Coruña
  • Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) 
  • Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)
  • Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA)
  • Grupo CALVO  

Para asistir á xornada é necesario inscribirse.

Inscrición

Xornada "A fin da internet, tal e como a coñecemos?

26 de abril

Salón de Graos da Facultade de Dereito

Xornada sobre a nova regulación europea en materia de copyright.

Expertos en avogacía debaterán sobre a directiva europea sobre os dereitos de autor no mercado único dixital.

Coa participación de Francisco Javier Sanz Larruga, catedrático de Dereito Administrativo da UDC; Borja Adsuara Varela, profesor, avogado e consultor, experto en dereito, estratexia e comunicación dixital; Marcos Judel Meléndrez, avogado especialista en TIC e socio de Audens; Manuel Areán Lalín, catedrático de Dereito Mercantil da UDC e secretario xeral da Corporación Voz de Galicia; e Víctor Salgado Seguín, avogado especialista en TIC en Pintos&Salgado.

Programa

Xornada de portas abertas na Facultade de Informática

24 de abril

Facultade de Informática

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña abrirá o mércores 24 de abril as súas portas a todos os interesados en coñecer a oferta formativa deste centro de cara ao próximo curso, cun programa no que atenderán todas as cuestións que plantexen os futuros estudantes así como as súas familias.

Os actos comezarán ás 18:00 horas coa presentación da oferta académica da Facultade de Informática. Media hora máis tarde, terá lugar unha mesa redonda na que se presentará o novo Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos, coa participación dos profesores Amparo Alonso, Ramón Doallo e con representantes do sector empresarial, con Jesús Lage, de everis, e David Martínez, de Data Spartan. O debate estará moderado pola profesora Bertha Guijarro.

Ás 19:30, haberá tempo específico para atender de forma personalizada todas as preguntas do futuro alumnado e das súas familias.

Xornada "Tomamos o mando? Mulleres detrás dos videoxogos"

10 de abril

Facultade de Ciencias da Comunicación

A xornada, impulsada pola Universidade da Coruña co financiamento do Instituto da Muller, dará comezo ás 9:30 horas.

O evento contará coa participación de Mirella Díez, deseñadora de son en Remedy Games; Estrela Páramos, coordinadora do equipo de media en Ledisson AIT; María Fernández, environment artist en Gato Salvaje Studio; e Luz Castro, de Imaxin Software e profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC.

Para finalizar, terá lugar pola tarde un obradoiro sobre o desenvolvemento e presentación do documento de concepto dunha idea de videoxogo, en colaboración coa asociación MOLab. A asistencia ao obradoiro é de balde pero é necesaria previa inscrición na dirección de correo electrónico cexef@udc.es

Ademais, coincidindo coa celebración da xornada, na primeira planta da mesma facultade poderase visitar unha exposición sobre mulleres salientables da industria dos videoxogos.

Sesión Informativa
Novas titulacións UDC 2019/2020

11 de abril

Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos

Xornada informativa sobre as novas titulacións de grao que se impartirán por primeira vez o próximo curso 2019-2020 na Universidade da Coruña, vinculadas ao Campus Innova e ao Campus Industrial.

Durante o evento ofrecerase información detallada sobre o Grao Dual de Enxeñaría Eléctrica, o Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos, o Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación e o Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos.

Con esta sesión aberta darase a coñecer en profundidade a nova oferta académica de grao ao futuro alumnado universitario e as súas familias, así como aos directores, orientadores e profesorado dos centros educativos de Galicia.

Os coordinadores dos catro graos informarán aos asistentes de todo o relacionado co plan de estudos, a súa metodoloxía, o perfil de acceso do alumnado, así como as saídas profesionais das titulacións.

Programa

Xornadas para a Valorización de Tecnoloxía

Do 17 ao 20 de decembro

Edificio dos Servizos Centrais da UDC

As Xornadas para a Valorización de Tecnoloxía están organizadas pola OTRI da Universidade da Coruña, en colaboración co Campus Innova e o Campus Sustentabilidade.

Enmárcanse dentro do Programa Innovate e o Programa Sustenta para a valorización dos resultados de investigación no Campus Innova e o Campus Sustentabilidade e contan coa participación de todos os grupos de investigación que presentáronse nestas convocatorias.

O obxectivo é profundizar no mellor coñecemento das tecnoloxías con potencial de transferencia.

Máis información

Xornada presentación área Innova HUMANITAS

13 de decembro

CICA

Seminario interno para o coñecemento dos grupos de investigación da área Innova HUMANITAS do Campus Innova, de cara á busca de colaboracións e sinerxías entre os mesmos.

Os grupos participantes realizarán unha breve exposición explicando brevemente as súas liñas de investigación e traballos relacionados coa dita área e incluíndo unha reflexión sobre posibles necesidades ou vías de colaboración con outros grupos.

Trala finalización da xornada haberá un petisco networking para facilitar o diálogo entre os participantes.

Inscripciones en oficina.innova@udc.gal

Programa

Mobile Week Coruña

22 de novembro

NORMAL (Paseo Ronda, 47, 15011 La Coruña)

EXPOSICIÓN

Demostrables da mán da UDC, Kabel, Duacode, GAIN (CIS Galicia) e XOIA.

XORNADA

“Workhop de realidade aumentada en dispositivos móviles”, MOBGEN Accenture Interactive

“Realidade mixta e intelixencia artificial. Construíndo o futuro”, KABEL 

“Realidade estendida: próximamente na túa empresa”,  ISOSTOPY 

“Realidade virtual na industria. Entra na COVA!", GAIN (CIS Galicia) 

Presentación Campus Innova

16 de novembro

Paraninfo da Reitoría da UDC

O acto será presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo.

Solicítase a confirmación de asistencia antes do 15 de novembro

T. 881 011 172 | oficina.protocolo@udc.gal

Invitación

Xornada Innovación aberta e Big Data

25 de outubro

CITIC

Coa participación de Valentín Fernández García, Senior Advisor en Innovación Aberta e exdirector global de Desarrollo de Negocio y Alianzas de Teléfonica Open Future

Inscripciones en oficina.innova@udc.gal

Máis información

Madrid Games Week

Do 18 ao 21 de outubro

IFEMA (Madrid)

Stand Universidade da Coruña: 14.0E03 (Pavillón 14)

Conferencia “Oferta formativa da Universidade da Coruña en creación e desenvolvemento de videoxogos”: Sábado 20 ás 11:00 horas

Máis información