Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos

O Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos é un título oficial da Universidade da Coruña que abarca o proceso completo de produción de animación e videoxogos desde diferentes puntos de vista, incluíndo o creativo, técnico, artístico e comercial.

Desta maneira o alumno adquire progresivamente os coñecementos necesarios para deseñar e desenvolver os diferentes contidos do proceso global de produción.

MÁIS INFORMACIÓN

Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos

O Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos é un título oficial da Universidade da Coruña o que se van a formar os futuros profesionais no tratamento de datos masivos para axudar na toma de decisións a nivel científico e empresarial.

O alumno deste grao adquirirá os coñecementos que lle permitirán ser capaz de xerar solucións prácticas e problemas tecnolóxicos, empresariais e sociais , a través do análise e xestión de datos.

MÁIS INFORMACIÓN

Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación

O Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación é un título oficial da Universidade da Coruña que forma profesionais especializados e altamente competitivos con coñecementos multidisciplinares en Information Science, Data Science, Big Data, xestión de contidos, comunicación, ciencias sociais e humanidades.

MÁIS INFORMACIÓN