Obxectivos

O principal obxectivo do Campus Innova é consolidar a universidade como un polo de excelencia rexional, nacional e internacional na innovación dixital, tecnolóxica e humanística.

Deste xeito, a través do impulso deste polo de excelencia, a UDC logrará unha universidade máis atractiva con títulos que permitan atraer máis estudantes do panorama nacional e internacional e con liñas de investigación prioritarias que se vexan reforzadas gracias a unha mellor captación de fondos públicos e privados e con máis impacto na sociedade e o tecido socioeconómico.

Os obxectivos que se perseguen co Campus Innova son os seguintes:

  • Fortalecer áreas de coñecemento que dan resposta a retos actuais
  • Establecer áreas emerxentes de desenvolvemento docente e investigador que permitan impulsar á excelencia da UDC
  • Establecer liñas de comunicación e sinerxías entre os distintos grupos de investigación, que cumpran criterios de excelencia para mellorar a súa competitividade nas distintas liñas de financiamento nacionais e europeas.
  • Captar maior financiamento público e privado, mellorando a capacidade para liderar proxectos europeos de gran escala
  • Potenciar a interdisciplinaridade como forma de dar resposta a problemas complexos das sociedades actuais
  • Desenvolver unha oferta académica que fomente a innovación, a formación sólida e flexible, adaptada ao mercado de traballo fluído que caracteriza a sociedade actual
  • Atraer talento investigador e docente
  • Incrementar a presenza de estudantes estranxeiros
  • Situar a universidade como un axente que axuda a mellorar a competitividade de sectores profesionais
  • Impulsar novos modelos formativos como son a formación en liña ou a formación dual no ámbito universitario
  • Mellorar o posicionamento da Universidade con empresas, axentes e institucións e fortalecer a rede de contactos
  • Impulsar a transferencia e valoración dos resultados