Presentación

A Universidade da Coruña está a impulsar decididamente un modelo universitario no que a especialización permita un posicionamento máis reforzado da UDC no contexto nacional e internacional.

A través do Campus Innova afonda nesta estratexia potenciando determinadas fortalezas e aspectos singulares que a universidade posúe arredor das TIC, da súa hibridación con outras áreas de coñecemento, como son as humanidades ou as ciencias da vida, e do desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras en diferentes ámbitos, como a enxeñaría civil, a edificación, a aeronáutica ou a bioloxía avanzada.

Misión

A misión do Campus Innova é consolidar a UDC como un polo de coñecemento de excelencia rexional, nacional e internacional na área de coñecemento das TIC e outras tecnoloxías innovadoras e a súa hibridación con outras áreas de coñecemento, como son as humanidades ou ciencias da vida.

Visión

No horizonte do 2022 a UDC pretende ser unha Universidade máis atractiva dende o punto de vista docente, con títulos académicos excelentes vinculados as súas áreas de especialización; cunhas liñas de investigación reforzadas e excelentes, grazas ao seu maior e mellor ratio de captación de fondos públicos e privados; e cun maior impacto na sociedade e o tecido socioeconómico.

 

 

Vídeo presentación do Campus Innova