Como área de descanso poderá utilizala calquera usuario/a da biblioteca.
Como área para realizar traballos fotográficos e/ou audiovisuais poderá utilizala, previa autorización da biblioteca, o alumnado, persoal docente e investigador e o PTGAS vinculado á Facultade de Sociología e á Facultade de Ciencias da Comunicación
De luns a venres, no horario de atención ao público da biblioteca.
Realizarase a través da aplicación da UDC espazos e horarios udc.
Realizaraa unha persoa en nome do grupo. A persoa que realice a solicitude será a responsable da correcta utilización da área e do equipamento.
Polo menos con 72 horas de antelación e por un período máximo de 2 horas.
A persoa solicitante recibirá un correo electrónico comunicándolle a autorización ou non da súa solicitude.
Non respectar a normativa pode implicar que o grupo teña que abandonar a sala ou restriccións no seu uso en futuras ocasións.
Consulta o texto completo da normativa.