Conversas coa dirección: Antón Corbal

Santos#2 Work in Progress

Santos#2 Work in Progress

No 2010, Oliver gaña, coa súa primera longametrage, o FIPRESCI en Cannes e vaise a vivir ás montañas de Marrocos. Tras 12 años fóra de Galicia decide voltar á vila abandonada dos seus devandeiros, Vilela, para renovar a casa familiar e filmar o proceso nunha película en 16 mm, Santos #2.

Work in Progress é un ensaio etnográfico que amosa a vida nas montañas, usando coma ponte de enlace o mundo creativo do director durante a rodaxe e edición de Santos #2.

Tras improvisar unha sala de edición nunha casa nas montañas de Marrocos, sentámonos a editar a película en branco e negro co director, entendendo deste xeito a filosofía de vida do director e afondando na cultura bereber. A través da película
en 16mm saltamos á aldea abandonada dos devanceiros do cineasta nas montañas de Galicia.

O documental entrelaza así dous mundos e varios tempos; usando coma ponte de enlace a sala de edición e a película de Oliver en branco e negro dáse o paso do retiro espiritual o exercicio de arraigamento, que sucede nas montañas dos Ancares, no diálogo que se crea entre Oliver e os seus devanceiros. Work in Progress retrata o mundo íntimo dun dos directores máis prometedores do panorama nacional e é un ensaio visual que toma forma nalgún lugar entre a espiritualidade e a ausencia da mesma.

Protagonista/Director Santos#2

Oliver Laxe naceu en París en 1982, fillo de emigrantes galegos. Dende hai oito anos reside en Marrocos, onde rodou a sua primeira longametraxe Todos vos sodes Capitáns. Dende o súa estrea na Quincena dos Realizadores de Cannes, onde gañou o FIPRESCI, foi mostrada en máis de 50 festivais.

A súa última película, Mimosas, estreouse en Cannes no 2016 e gañou o Gran Premio na 55° semana da Crítica. O seu novo proxecto, Aquilo que Arde, está a ser rodado en Vilela, onde vive na actualidade.

Director Fotografía

Alex Gaultier estudou física en París onde paralelamente colabora como axudante de fotógrafos como Marc Riboud da Axencia Magnum. Dende 1993 vive en Barcelona, onde se converte nun dos directores de fotografía documental máis importantes do panorama nacional. Profesor de Dirección en Fotografía na ECIB e L’IDEM ademais de traballar con directores como J.M. Guerín, Queralt Antu, Bigas Luna, M. Antúnez o Jean Louis Comolli.

Problablemente o traballo máis representativo é En Construcción de J.L. Guerín, co que gañou o Goya á Mellor Película documental en 2001. Pero tamén son importantes os traballos en Mouche d´amor e EMBT, Estado de las Obras de Bigas Luna.

Director/Productor

Antón Corbal é graduado en Bioloxía pola Universidade da Coruña, estudos que completou cun Mestrado en Comportamento, Cognición e Neurobioloxía pola Universidade de Viena. En 2011 móvese a Barcelona onde estuda o curso Mestrado Internacional en Dirección de Documentais na Escola de Cine de Barcelona.

Work in Progress será a primeira longametraxe deste director galego que tamén se encontra a traballar en outro proxecto Seeking Utopia, unha coprodución entre ZABRISKYFILM e SteFilm en Italia que gañou o Premio ao Mellor Proxecto no XVIII Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente de Turín 2015.

Productora_

Magnetic North Collective é unha productora fundanda por directores que buscan producir as súas propias películas baixo un mesmo teito. Producimos películas e documentales que son reflexos relevantes de temas actuais e cun recoñecido carácter de autor.

Work in Progress| 2017 | Director/Productor_Antón Corbal

Duración Final_72´ | Tema_ Retrato | Formato_2K, HD, 16mm

Idiomas_ Galego, Español, Francés, Bereber

Proxeccións

Luns 10 de xuño ás 19:00 h. no Centro Cultural Universitario, campus de Esteiro, Ferrol

Martes 11 de xuño ás 19:30 h. en Normal, campus de Riazor, A Coruña

A entrada é de balde