Conversas coa dirección: Ángeles Huerta

Esquece Monelos

Na Coruña había un río que se chamaba Monelos, un río que hoxe está practicamente esquecido. Do seu paso queda unha escultura nunha rotonda, unha rúa que leva o seu nome, dúas pontes (unha visible baixo a Avenida de Oza e outra sepultada pero intacta baixo a rotonda de Novos Ministerios) e algunhas fotos vellas.

Ángeles Huerta é natural de Xixón, aínda que leva 14 anos radicada en Galicia. É doutora en Literatura Comparada e realizou estudios de dirección cinematográfica na Met Film School de Londres.

A súa última curtametraxe, The Fetch, seleccionada na “Short Film Corner” do Festival de Cannes, levou galardóns como o de mellor guión no Festival de Cans, así como unha grande acollida en diversos festivais internacionais.
Esquece Monelos é a súa primeira longametraxe.

Ficha técnica:

Documental
Duración: 1h 16min
Lingua da versión: galego
Ano: 2017

Premios:

-Mestre Mateo 2017:Mellor documental, Mellor dirección de fotografía e montaxe
-XIV Festival Internacional de Documentales de Madrid, DocumentaMadrid, mención especial do xurado
-XII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. MICE. Mellor filme galego
-XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Mellor película galega

Festivais:

XIII Festival Internacional de documentais de Tui – Play Doc.
XIV Festival Internacional de Documentales de Madrid- DocumentaMadrid
XII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. MICE
IV Festival Internacional de Cine Documental de Buenos Aires- FIDBA
XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Mellor Película Galega
XLIX Festival de cine Documental Alcances- Cádiz

 

Data: 27 de novembro de 2018
Horario: 19:30 horas
Lugar: CUBO de NORMAL

 

Podes consultar as proxeccións de Conversas coa dirección aquí.

 

Logo Deputación