Conversas coa dirección: Cristina de la Torre

Santoalla

Sinopse

Margo e Martin Verfordern deixaron Ámsterdam para buscar un paraíso onde vivir na natureza e construir o seu futuro. Tras viaxar durante anos por Europa, chegan a Santoalla, unha aldea aillada en Petín de Valdeorras e onde vive soa a familia dos Rodríguez. A parella de holandeses deciden que alí estaría o seu fogar.

A convivencia cos veciños, que comezara ben, logo tornou conflitiva co monte comunal no epicentro das súas diferencias. No 2010 Martin desaparece e durante anos, Margo mantén viva a busca convencida de que seu home non marchara por vontade propia e que os seus veciños son responsables do destino de Martin. Un achádego casual traerá as respostas que buscaba.

EEUU, 2016
What Delicate Pictures LTD
Dirección: Andrew Becker e Daniel Merher Produción: Cristina de la Torre
VO Inglés e galego / Subtítulos en castelán 80 minutos

Cristina de la Torre @lamujerforzuda

(1977, A Rúa, Ourense). Cristina de la Torre é licenciada en Historia, con Máster en Medios de Comunicación. Ten traballado en prensa escrita, radio e televisión como xornalista. Dende hai uns anos adícase á consultoría de comunicación e a produción audiovisual. No 2007 dirixiu o seu primeiro documental Apartado 12, e no 2016 estreou Santoalla, documental do que é produtora. Realiza contidos corporativos e proxectos audiovisuais con centros educativos como A lus do Mundo. No 2014 comisariou a exposición Unha ínsua para Díaz Castro, na Deputación de Lugo, dende o 2017 realiza proxectos de dinamización cultural como Pantasmas de Oza. Facebook

 

Campus de Esteiro. Ferrol
Data: 18 de decembro de 2018
Horario: 19 horas
Lugar: Centro cultural Universitario
Campus de Riazor. A Coruña
Data: 19 de decebro de 2018
Horario: 19:30 horas
Lugar: CUBO de NORMAL

 

Podes consultar as proxeccións de Conversas coa dirección aquí.

 

Logo Deputación

 

Web oficial