Conversas coa dirección: Xurxo Lobato

Hermanos Mayo

(c) https://fotoperiodismoguerracivil.fandom.com/es/wiki/Archivo:04-PM-42.jpg
Sinopse

O documental é un relato da Guerra Civil da axencia de fotoperiodismo Hermanos Mayo, formada polos irmáns coruñeses Julio, Cándido e Paco Souza e os casteláns Faustino e Pablo del Castillo, que traballaron para xornais de esquerdas e que tiveron que exiliarse en México. A conversa co único supervivente, Julio, é ao tempo un acto de fe notarial como reporteiros a través de centos
de fotografías, un acto de memoria histórica en homenaxe aos fotógrafos na fronte e unha viaxe cinematográfica que reproduce o que estaba a acontecer na fronte, nas cidades, nas vilas e nas aldeas.

Datos técnicos

Formato: documental/curtametraxe
Dirección: Xurxo Lobato
Idioma: Castelán
Duración: 30 minutos
País produción: Galicia/España
Ano: 2008

Proxeccións

Martes, 23 de abril ás 19:00 h. no Centro Cultural Universitario, campus de Esteiro, Ferrol

Mércores, 24 de abril ás 19:30 h. en Normal, campus de Riazor, A Coruña

A entrada é de balde

Logo Deputación