Conversas coa dirección

Alba Sánchez, Juan Pirola, Miguel García e Pedro Iglesias

CAMILO, O ÚLTIMO GUERRILLEIRO DE GALICIA

Camilo de Dios

Camilo de Dios naceu en Sandiás en 1932 e é, a día de hoxe, o derradeiro guerrilleiro vivo de Galicia. A súa nai actuaba de enlace na resistencia antifranquista despois da sublevación de 1936, actividade que comezaría Camilo aos 13 anos. En 1948 fuxiría ao monte, uníndose á loita contra o réxime na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.

Ferido e capturado no ano 1949, Camilo foi condenado a morte nun consello de guerra celebrado na Coruña, pero ao ser menor de idade e por mor das presións internacionais, as autoridades remataron por conmutar a súa pena por 30 anos de cadea. A partires de aí, a vida de Camilo converteuse nun paso polos cárceres do Estado español, sendo no Dueso onde pasou a maior parte da condena ata ser liberado en 1959. Nos anos sesenta participaría na organización das Comisións Campesiñas na Limia e na reorganización do Partido Comunista de Galicia (PCG) en Ourense, ata que foi detido de novo en 1971, acusado de propaganda ilegal.

Actualmente, Camilo non renunciou a todo aquilo polo que deu a súa vida e, despois de máis de 60 anos do asasinato do seu irmán, Perfecto de Dios, o guerrilleiro conseguiu vencer outra batalla máis e puido exhumar os seus restos en Chaherrero (Crespos, Ávila) e trasladalos a Sandiás.

Loitador da memoria e historia viva, Camilo é a única testemuña que pode dar voz a tantas e tantos que, coma el, arriscárono todo pola xustiza e a liberdade.

Ficha técnica:

Año: 2016

Duración: 80 min.

Produción: Alba Sánchez Botana

Guión: Miguel García Valdeón

Dirección de fotografía: Juan Pirola Lorenzo

Deseño web e gráfico: Pedro Iglesias Fernández

Xénero: Documental

Entrevistas:

Luis González “Ferreiro” - Militante antifranquista

Carmen García-Rodeja - Historiadora (ARMH)

Bernardo Máiz - Historiador especializado na guerrilla

Alejandro Rodríguez - Historiador (ARMH)

Manolo Peña-Rey - Presidente do Partido Comunista de Galicia

Xesús Alonso-Montero - Presidente da Real Academia Galega

Carlos Barros - Historiador e represaliado polo franquismo

Jesús Martínez - Alcalde de Crespos (Ávila)

René Pacheco - Arqueólogo (ARMH)

Ferrol

Data: martes 30 de outubro
Horario: 19.00 h.
Lugar: Centro Cultural Universitario

 

A Coruña

Data: mércores 31 de outubro
Horario: 19:30 h.
Lugar: O Cubo-Normal

Camilo: o último guerrilleiro de Galicia, producido desde a UDC por Alba Sánchez, Juan Pirola, Miguel García e Pedro Iglesias, como Traballo de Fin de Grao de Comunicación Audiovisual.

Podes consultar as proxeccións de Conversas coa dirección aquí: https://www.udc.es/gl/novas/Conversas-coa-direccion/ 

 

DepCor_bn_vert.png_659878398