Conversas coa dirección: Sepi Bazarra

Triloxía do perdedor

A Área de Cultura da Universidade da Coruña continúa en febreiro co ciclo de cine Conversas coa dirección, un proxecto de cita mensual que achega ao público a obra fílmica dos/as distintos/as realizadores/as de cine e documentais convidados/as, e a posibilidade de conversar con eles/as no coloquio posterior á proxección dos seus traballos.

Nesta sesión contaremos cunha trieade de curtas do director Xosé Manuel Bazarra “Sepi”.

Sinopse

Pódese chamar Triloxía do Perdedor a estas curtas políticamente incorrectas, que son o resultado dos primeiros traballos da produtora DangaDanga. O protagonista ten unha sociopatía brutal e unha visión cáustica da vida. Son un retrato sociolóxico dos comezos do século XXI, nihilista e sazonado con apuntamentos acedos.

Estas proxeccións poden considerarse como o particular #tenyearschallenge desta retrospectiva do director. O que hai dez anos simplemente era políticamente incorrecto, hogano…

Datos técnicos

Formato: curtametraxes

Xénero: comedia

  • Berberecho (2001): 12’
  • Los reyes del columpio (2004-2009): 19’
  • Berberecho II (2009): 19’

Dirección: Xosé Manuel Bazarra “Sepi”

Produción: DangaDanga

 

Proxeccións:

Martes, 19 de febreiro ás 19:00 h. no Centro Cultural Universitario, campus de Esteiro, Ferrol

Mércores, 20 de febreiro ás 19:30 h. en Normal, campus de Riazor, A Coruña

A entrada é de balde