Microdatos INE

O Instituto Nacional de Estatística (INE) é o produtor de literatura gris máis importante do noso país. Ademáis da información estatística que aparece en aberto en INEbase, o INE ofrece a posibilidade de obter ficheros de microdatos anonimizados cun maior nivel de desagregación. Na súa web podes atopar unha listaxe coas relacións estatísticas das que podes obter microdatos descargables. Trátase de ficheiros ASCII que necesitan de programas axeitados para o tratamento de datos estatísticos. O interesado só ten que escoller unha serie estatística e seleccionar o distintos periodos dispoñibles.

MICRODATOS A MEDIDA

Non obstante, pode que vostede estea interesado en obter ficheiros de microdatos a medida. Este tipo de datos non están colgados na web. Hai que solicitar a súa compra a través da biblioteca e están suxeitos a restriccións de uso. A biblioteca adquire os microdatos a través de peticións individualizadas do persoal docente e investigador (PDI) e a súa consulta está restrinxida ao peticionario e ás persoas (tamén PDI) que a continuación demanden o acceso, sempre, a través dunha solicitude que será remitida e aprobada polo INE.

Se é PDI e necesita consultar algunha das series que xa hai no catálogo ou está interesado en que a biblioteca adquira algunha a maiores póñase en contacto connosco a través do noso email: soc.bib@udc.es ou chamando por teléfono ao 981 167 000, ext. 4814.

Series dispoñibles no catálogo previa solicitude e autorización do INE:

 

 

 

CONDICIÓNS DE USO

O INE non se responsabiliza dos resultados obtidos polos usuarios a partir destes arquivos baseados nos seus propios cálculos. Ademais, toda persona que utilice ficheiros de microdatos comprométese a citar, en cualquera publicación obtida a partir deles, ao INE como fonte do dato primario (fonte: INE, www.ine.es). O grao de exactitude ou fiabilidade da información derivada pola elaboración propia dos autores é exclusivamente responsabilidade deles.