Que facemos?

Cal é nosa misión?
A Oficina para a Igualdade de Xénero ten como misión  velar polo cumprimento do principio de igualdade entre mulleres e homes coa finalidade de acadar a plena incorporación das mulleres a vida política, cultura e científica no seo da UDC.
Cal é nosa visión?
O noso fin último é lograr unha actividade docente e discente, investigadora e laboral máis igualitaria, e que impida calquera manifestación de discriminación por razón de xénero que poida aparecer tanto na UDC como no seu contorno social e cultural.
Que servizos prestamos?

  1. Promover estudos sobre as situacións de xénero na UDC.
  2. Amparar a introdución da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento, fomentando a formación e investigación en temas de xénero.
  3. Desenvolver actividades de difusión, sensibilización e extensión acerca da igualdade de xénero.
  4. Impulsar accións que garantan condicións igualitarias para o acceso e promoción de mulleres e homes na actividade docente, investigadora, laboral e representativa da UDC.
  5. Colaborar coas administracións e institucións galegas, estatais e internacionais na consecución da igualdade de xénero.
  6. Coñecer, informar e no seu caso mediar nos posibles conflitos por discriminación por razón de xénero na actividade académica e laboral da UDC.
  7. Servir como observatorio de situacións de xénero na UDC.