Formación en Igualdade de Xénero

A Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX), a través do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) presenta o Plan de Formación en Igualdade (PFOIX)  para levar a cabo as accións previstas no II Plan de Igualdade da UDC (II PIUDC) aprobado no Consello de Goberno do 3 de abril de 2019.


A OIX pretende dar resposta ou mellorar o coñecemento sobre que é e que significa a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, integrándoa na aplicación práctica do día a día da universidade tanto no ámbito persoal, coma na actividade docente, discente e do persoal de administración e servizos.

 

Obxectivos

As actividades formativas que se ofertan abranguen cursos, conferencias, seminarios ou xornadas co fin de dar cumprimento ás accións previstas nos 4 eixos de actuación do II PIUDC:
•    Gobernanza, Responsabilidade Social e Transversalidade
•    Perspectiva de xénero na actividade docente/investigadora
•    Prevención e intervención fronte á violencia machista
•    Conciliación, desenvolvemento persoal e carreira profesional


A participación de proveito en cada curso ou actividade implica a emisión dun certificado expedido pola Universidade da Coruña, asinado pola Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte e a Directora da OIX.

 

Plan de Formación en Igualdade