Centro de Estudos de Xénero e Feministas

Este centro é un espazo de investigación de carácter aberto e multidisciplinar, no que teñen cabida todas aquelas persoas que traballan en liñas de investigación en materia de xénero e/ou feminismo.

O CEXEF é un espazo de formación onde se desenvolven cursos de gran calidade, que redunden nunha mellora tanto da actividade investigadora como da práctica profesional no eido da igualdade.

Por último, o centro quere ser un espazo de encontro e de diálogo en permanente contacto coa realidade social máis próxima, así coma con redes de traballo e comunicación que nos permitan establecer conexións con outras latitudes.

Na súa páxina web (www.udc.es/es/cexef/), atópase información e documentación de interese relacionada ca actividade do centro.