Rede para a docencia e investigación con perspectiva de xénero

Desde a REDIX promóvese o cambio na cultura docente e investigadora, mediante a difusión de materiais e recursos para a inclusión da perspectiva de xénero e os valores da igualdade e a diversidade no ámbito universitario.

A rede está constituída por profesorado e persoal investigador de distintos ámbitos da Universidade da Coruña que perseguen avanzar na calidade e innovación do ensino e a investigación, apostando pola incorporación efectiva do principio de igualdade entre mulleres e homes.

Na súa páxina web (www.redix.udc.es) , atopánse recursos, ligazóns e un banco de boas prácticas para a inclusión da perspectiva de xénero na actividade docente e investigadora.