No marco do I Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade da Coruña 2013-2017 sinálase a necesidade de adoptar medidas tendentes á prevención e eliminación de calquera manifestación de violencia de xénero ou acoso que poida producirse no eido da universidade.
É por tal motivo que se procedeu á elaboración deste protocolo de actuación, co obxecto de implantar unha política específica a sobre violencia de xénero a través da formación, a información e a sensibilización de todos os membros da comunidade universitaria, así como de poñer en marcha os mecanismos precisos para tramitar, e no seu caso resolver, as reclamacións ou denuncias presentadas polas vítimas coas debidas garantías.
Achegamos unha pequena guia editada pola Universidade da Laguna para detectar o acoso sexual e acoso sexista na universidade:
Correo electrónico confidencial:
Se es vitima ou coñecedora de algún caso de acoso sexual ou por razón de sexo podes denuncialo ante a Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero a través do correo electrónico directora.oix@udc.es
Comisión asesora encargada de aplicar o protocolo fronte ao acoso
Tal e como indica o Plan de Igualdade, nombrase unha comisión encargada de aplicar o protocolo. A comisión, nomeada o 10 de xuño do 2020, está formada por: