Guias para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero.
Trátase dunha colección de once guías temáticas promovida e editada orixinalmente en catalán pola Xarxa Vives d’Universitats e trasladada a lingua galega. Ofrece propostas, exemplos de boas prácticas, recursos docentes e ferramentas de consulta para unha docencia universitaria sen nesgos de xénero en diferentes disciplinas e ámbitos de coñecemento.
A colección, publicada conxuntamente polas tres universidades públicas galegas, responde ao interese de proporcionar material didáctico ao profesorado universitario, co fin de favorecer, facilitar e promover a inclusión da perspectiva de xénero nas materias que se imparten na educación superior galega.
O día 10 de setembro celebrouse o acto de presentación desta nova ferramenta didáctica. A xornada contou ca participación dos tres reitores e parte das autoras das guías (ligazón o vídeo da presentación)
Area de coñecemento | Autora |
Ciencias da Computación | PALOMA MOREDA POZO |
Dereito e Criminoloxía | M. CONCEPCIÓN TORRES DÍAZ |
Educación e Pedagoxía | MONTSERRAT RIFÀ VALLS |
Filoloxía e Lingüística | MONTSERRAT RIBAS BISBAL |
Filosofía | SONIA REVERTER-BAÑÓN |
Física | ENCINA CALVO IGLESIAS |
Historia | MÓNICA MORENO SECO |
Historia da Arte | M. LLÜISA FAXEDAS BRUJATS |
Medicina | MARÍA TERESA RUIZ CANTERO |
Psicoloxía | ESPERANZA BOSCH FIOL SALUD MANTERO HEREDIA |
Socioloxía, Economía e Ciencia Política | ROSA MARÍA ORTIZ ANNA MARÍA MORENO BELTRÁN |
Outros recursos
Introdución da perspectiva de xénero na docencia universitaria
Repositorio da Universidade de Alicante
Guia da Universidade de Vigo para a Introducción da perspectiva de xénero na docencia
Recursos para a Introdución da perspectiva de xénero na docencia (Recopilado por Cristina López Villar)