CAMILO, O ÚLTIMO GUERRILLEIRO DE GALICIA
Camilo de Dios
Camilo de Dios naceu en Sandiás en 1932 e é, a día de hoxe, o derradeiro guerrilleiro vivo de Galicia. A súa nai actuaba de enlace na resistencia antifranquista despois da sublevación de 1936, actividade que comezaría Camilo aos 13 anos. En 1948 fuxiría ao monte, uníndose á loita contra o réxime na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.
Ferido e capturado no ano 1949, Camilo foi condenado a morte nun consello de guerra celebrado na Coruña, pero ao ser menor de idade e por mor das presións internacionais, as autoridades remataron por conmutar a súa pena por 30 anos de cadea. A partires de aí, a vida de Camilo converteuse nun paso polos cárceres do Estado español, sendo no Dueso onde pasou a maior parte da condena ata ser liberado en 1959. Nos anos sesenta participaría na organización das Comisións Campesiñas na Limia e na reorganización do Partido Comunista de Galicia (PCG) en Ourense, ata que foi detido de novo en 1971, acusado de propaganda ilegal.
Actualmente, Camilo non renunciou a todo aquilo polo que deu a súa vida e, despois de máis de 60 anos do asasinato do seu irmán, Perfecto de Dios, o guerrilleiro conseguiu vencer outra batalla máis e puido exhumar os seus restos en Chaherrero (Crespos, Ávila) e trasladalos a Sandiás.
Loitador da memoria e historia viva, Camilo é a única testemuña que pode dar voz a tantas e tantos que, coma el, arriscárono todo pola xustiza e a liberdade.
Ficha técnica:
Año: 2016
Duración: 80 min.
Produción: Alba Sánchez Botana
Guión: Miguel García Valdeón
Dirección de fotografía: Juan Pirola Lorenzo
Deseño web e gráfico: Pedro Iglesias Fernández
Xénero: Documental
Entrevistas:
Luis González “Ferreiro” - Militante antifranquista
Carmen García-Rodeja - Historiadora (ARMH)
Bernardo Máiz - Historiador especializado na guerrilla
Alejandro Rodríguez - Historiador (ARMH)
Manolo Peña-Rey - Presidente do Partido Comunista de Galicia
Xesús Alonso-Montero - Presidente da Real Academia Galega
Carlos Barros - Historiador e represaliado polo franquismo
Jesús Martínez - Alcalde de Crespos (Ávila)
René Pacheco - Arqueólogo (ARMH)
Ferrol
| Data: | martes 30 de outubro |
| Horario: | 19.00 h. |
| Lugar: | Centro Cultural Universitario |
A Coruña
| Data: | mércores 31 de outubro |
| Horario: | 19:30 h. |
| Lugar: | O Cubo-Normal |
Camilo: o último guerrilleiro de Galicia, producido desde a UDC por Alba Sánchez, Juan Pirola, Miguel García e Pedro Iglesias, como Traballo de Fin de Grao de Comunicación Audiovisual.
Podes consultar as proxeccións de Conversas coa dirección aquí: https://www.udc.es/gl/novas/Conversas-coa-direccion/
