Xestores bibliográficos

Unha das fases máis importantes, e as veces descuidada, á hora de realizar un traballo académico e a citación da documentación sobre a que se apoia. Indicar correctamente de quen e de onde proveñen as ideas, datos ou imaxes que utilizamos non só é o máis ético, non só ofrece confianza e credibilidade, senon que axuda ao desenvolvemento da ciencia xa que abrimos camiño aos demáis ao facilitar ao lector as fontes primarias para que eles mesmos poidan comprobar os datos, refutalos, ratificalos ou utilizalos para as súas propias investigacións.

Os xestores bibliográficos son unas ferramentas moi útiles que te axudarán a xestionar as citas e a facelas correctamente no formato que necesites.

 

Como realizar un traballo académico

Antes de comezar o teu traballo académico, ademáis de seguir as indicacións do profesorado, revisa as guías que che facilitamos na biblioteca para planificalo, saber onde buscar información e cómo organizala antes de preparar a redacción e presentación dos teus resultados e conclusións.


Como citar

A confección das citas e as referencias bibliográficas complétase na última fase, pero haberás de facer acopio e planificar desde o primeiro momento. Se desde o principio recolles cuidadosamente as referencias (para iso os xestores son perfectos) despois poderás preparalas de maneira case automática. Evita dores de cabeza e consulta as guías que recompilamos sobre cómo citar, o estilo de cita, e as guías de uso do xestor bibliográfico que escollas utilizar.

 

Ética científica e plaxio

Do mesmo xeito que as novas tecnoloxías facilitan o copy & paste, tamén gozamos de tecnoloxías moi áxiles e eficaces que fan moi doado saber se un traballo é un plaxio ou non e en que grao. Estas ferramentas son útiles tanto para o estudantado como para o profesorado e os investigadores. Pode que a lección máis importante que un universitario ten que aprender ao longo do seu paso pola universidade é a importancia de actuar éticamente, elaborando correctamente ideas propias e dando crédito ás alleas.

Algunhas das prácticas fraudulentas máis frecuentes e que convén evitar son as seguintes:

 

Táboa extraída de SPINAK, E. Etica editorial y el problema del plagio [online]. SciELO en Perspectiva, 2013 [viewed 07 December 2017]. Available from: http://blog.scielo.org/es/2013/10/02/etica-editorial-y-el-problema-del-plagio/.

 

Información completa no informe de iThenticate Reseach Ethics: Decoding Plagiarism and Attribuition in Research