Simposio "Acelerar a implementación dun desenvolvemento sostible nas actividades e programas do campus"
Symposium “Accelerating the Implementation of Sustainable Development in Campus Activities and Programmes”
É amplamente coñecido que os asuntos relacionados co desenvolvemento sustentábel, aínda sendo de natureza global, son mellor tratados a nivel local. Isto é particularmente certo para o contexto da educación superior, en que o deseño e implementación de iniciativas de sustentabilidade nos campus mostra como as universidades traducen os principios do desenvolvemento sustentábel na práctica.
O Simposio involucrará profesionais no ámbito do desenvolvemento sustentábel no sentido máis amplo, desde a empresa e a economía, ata a arte e a moda, a administración, a enxeñaría, o medio ambiente, as linguas e os estudos multimedia.
- Mostrar e presentar o traballo das universidades na sustentabilidade dos campus
- Intercambiar experiencias de investigación, ensinanza e proxectos de deseño de campus verde
- Debater a integración do desenvolvemento sustentábel nas operacións e deseño dos campus
- Formar unha rede de participantes e proporcionar unha plataforma de cooperación
- Dous eixos: Exposición de posters e Presentacións
- 3 orientacións diferenciadas:
Sesión 1: Sustentabilidade nas actividades e instalacións dos Campus
Sesión 2: Investigación, planificación e desenvolvemento de Campus Verdes.
Sesión 3: Actividades para o estudantado, participación nos Campus Verdes e sustentabilidade nos curriculos e materias.
Presentación dos resumos: 25/03/2019 AMPLIACIÓN ATÉ O 30 de abril de 2019
Presentación dos artigos: 20/07/2019
Artigos completos e revisados: 10/09/2019
Inscricións e rexistro: aberto até o 30/09/2019.
Unha vez feita a inscrición, haberá 7 días de prazo para facer o pagamento.
Pagamento: existe tarifa reducida para estudantes.
Celebración: 2 e 3 de decembro de 2019
Ata 200 palabras (ver condicións na web do Simposio).
Os abstracts enviaranse por correo electrónico á administración do Simposio (simamik@yahoo.com).
Será necesario realizar a inscrición antes do envío dos abstracts.
Os artigos aceptados, presentados e discutidos no evento poden enviarse para un número especial da revista International Journal of Sustainability in Higher Education, publicado por Emerald Publishing (Reino Unido), que é a revista líder mundial en sustentabilidade nun contexto de educación superior: http://www.emeraldgrouppublishing.com/ijshe.htm.
https://www.haw-hamburg.de/en/ftz-nk/events/sustainablecampuses-2019.html
Organización na UDC:
Facultade de Ciencias da Educación
Campus da Sustentabilidade
Oficina de Medio Ambiente
Vicerreitoría de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade