Bicis e Mobilidade

Bicis na UDC

Programa de préstamo de bicicletas na UDC

  • Resolución da convocatoria de préstamo de bicicletas Curso 2020-2021

O obxectivo deste programa é o de promover o emprego da bicicleta como vehículo para a mobilidade sustentábel, facilitando o acceso a unha bicicleta a aquelas persoas interesadas en facer uso da mesma para desprazarse aos centros universitarios.
O uso da bicicleta como medio de transporte e desprazamento reduce a conxestión do tráfico, mellora a calidade ambiental nas cidades, contribúe a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, e mellora a saúde das persoas que fan uso delas.

RELACIÓN DE SOLICITUDES E ADXUDICACIÓNS DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS CURSO 2020-2021

Esta lista inclúe a relación completa de solicitantes, por orde alfabética de APELIDOS, e na que se indica a orde na que se realizou a solicitude, que será a orde de acceso ao préstamo (Nº adxudicación). Dela, as primeiras 70 solicitudes terán acceso directo ao préstamo.

O resto de solicitudes (Nº adxudicación do 71 ao 172) constitúe a lista de agarda, que se convocará no caso de dárense renuncias por parte das persoas titulares.

Ao final xúntase a relación de persoas excluídas por terse anotado fora do prazo de inscrición.

As posíbeis reclamacións a esta lista faranse no prazo máximo de 5 días naturais, a contar desde a publicación da mesma na web da UDC (28/09/2019), mediante correo electrónico a bicis@udc.es.

Nos próximos días, as persoas beneficiadas do préstamo recibirán información por correo electrónico do proceder para a recollida de bicicleta.

Pagamento das taxas e entrega das bicicletas

Establécese unha taxa anual de 10 euros (estudantes) ou 20 euros (persoal da UDC) polo préstamo das bicicletas. As instrucións e o prazo para pagamento desta taxa comunicaranse ás persoas adxudicatarias xunto coa listaxe definitiva de solicitudes e adxudicacións.

Máis información: Convocatoria programa de préstamo de bicicletas 2020/2021

Duración do préstamo e devolución das bicicletas

O servizo será efectivo desde o momento do reparto da bicicleta e ata finais do curso 2020/2021. A UDC establecerá un calendario de devolución das bicicletas para o mes de xuño e primeiras semanas de xullo 2021, no que se indicará datas e lugares de devolución.

A devolución tamén poderá adiantarse durante o curso, por iniciativa da persoa usuaria, en data acordada coa OMA-UDC.

 


Publicacións e informes sobre Bicis

  • Informes de avaliación do Servizo de préstamo de bicicletas

Informe e avaliación curso 2016/2017 | Informe e avaliación curso 2018/2019 | Informe e avaliación curso 2019/2020

  • Circulación en bicicleta, como acceder á UDC

O deseño dos itinerarios para o acceso en bicicleta a UDC foi realizado pola Asociación Mobi-Liza, actualizados no ano 2020, mostra a información sobre a circulación pola cidade da Coruña e o acceso aos Campus de forma segura para os membros da comunidade universitaria que desexen usar a bicicleta para os seus desprazamentos.

  • Somos tráfico: pequena guía do uso da bicicleta como medio de transporte

Esta guía informa sobre medidas de seguridade e outros consellos para desprazarse polas cidades: como circular entre os coches, que posición adoptar na calzada e á saída dos semáforos, ou cales son os equipamentos básicos (luz, timbre, reflectante, etc.)

O panel mostra brevemente 10 beneficios de andar en bicicleta: Engánchate aos pedais e comproba os beneficios para a saúde e o ambiente.

 


Mobilidade

Impacto da Covid-19 na mobilidade

A UDC forma parte como entidade observadora do proxecto europeo U-MOB LIFE, que promove a formación de unha rede de universidades con boas prácticas de mobilidade, co obxectivo de reducir as emisións de CO2 grazas á sensibilización da comunidade universitaria.

Unha das accións derivadas da pandemia por Covid-19, foi a creación do foro de debate “Impacto da Covid-19 na mobilidade", documento orixinal e texto adaptado á realidade galega que se pode consultar NESTA LIGAZÓN.


Publicacións e informes sobre Mobilidade

A UDC participou por segunda vez neste reto para a promoción da mobilidade sustentábel. Durante ‘30 días en bici’, do 16 de setembro ao 16 de outubro, as persoas participantes acumularon quilómetros sustentábeis percorridos: camiñar, utilizar a bicicleta, o patinete eléctrico ou transporte público, desincentivando deste modo o uso do coche individual.

No cómputo xeral a UDC encóntrase no 6º posto das 12 Universidades españolas participantes, e chegando ao 1º posto en canto a número de actividades por persoa usuaria (Premio á Universidade máis responsable).

Rexistráronse 163 persoas da UDC, das que 90 participaron de forma activa durante todo o mes. Percorreron un total de 9.412 km sustentábeis, correspondentes a 2.222 kgCO2 evitados. Destes, a bicicleta foi o medio mais utilizado que sumou 6.415 km, seguidos de 1.409 km percorridos en bus e 916 camiñando.

O estudo, realizado pola Asociación Mobi-Liza,  trata de avaliar as características de diferentes percorridos cara ao campus de Elviña, co fin de sacar unhas conclusións sobre o actual trazado da cidade, as facilidades con que contan os diferentes medios de comunicación (bus, moto, coche, bicicleta e peón), os seus problemas e as súas virtudes.

Para a realización do estudo escolléronse cinco puntos de saída diferentes e representativos: Mercado de Monte Alto, Os Rosais, praza das Conchiñas, avenida dos Caídos e Mercado de Santa Lucía.

Trátase de unha versión reducida ao "Estudo de medios: Aproximación á mobilidade no campus universitario" en formato exposición, composta por cinco paneis en roler despregábeis e disponíbeis para o préstamo á comunidade universitaria. Só é necesario un espazo duns 5 m de percorrido. Os centros, colectivos e calquera outra persoa da UDC poden solicitar e reservar esta exposición dirixíndose a oma@udc.gal.

Dun total de 5 percorridos desde a cidade, elixiuse como exemplo para a exposición o desprazamento desde Santa Lucía á Elviña. Ofrécense os datos de distancias percorridas, tempos e velocidades en medios alternativos, motorizados (coche, moto, autobús) ou non motorizados (bicicleta, a pé), xunto cos obstáculos que en diferentes áreas da cidade dificultan unha mobilidade máis sustentábel. Os mapas de isócronas, os 10 motivos para utilizar a bicicleta e un avance das liñas do plan de mobilidade da UDC completan os contidos.

Este Plan foi elaborado polo prestixioso equipo da Agencia d’Ecología Urbana de Barcelona, coa participación do Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos e da Oficina de Medio Ambiente da UDC, entre 2009 e 2010. O plan responde a un modelo integral que pretende mellorar a calidade do ámbito universitario e a calidade de vida da súa comunidade, mellorando á súa vez a funcionalidade e a organización dos campus de Elviña e da Zapateira da UDC.

As propostas debuxan un novo modelo de mobilidade onde o número de viaxes en transporte privado se reducirá a favor de medios de transporte máis sustentables. Tamén se debuxa un novo espazo público cunha repartición de usos e funcións distinta da actual. Nos resultados compróbase que se libera espazo público que hoxe está reservado para os usos do coche, co obxectivo de que a comunidade universitaria poida ocupar o espazo público sen restricións.