Voluntariado ambiental e Bolsas

Voluntariado ambiental

Como facerse voluntari@ ambiental da UDC?

Como membro da comunidade universitaria da UDC, podes escoller dúas formas de estar activa/o no voluntariado ambiental:

  1. Participando en convocatorias concretas de xornadas de voluntariado, xeralmente de 2-3 horas de duración.
    A temática é variada, poderás participar en traballo de campo para a conservación da biodiversidade, facer mapeos e auditorías de consumo responsábel, xestión de residuos e auga, entre outras cousas.

    Estas convocatorias publícanse no apartado de Actualidade da web da OMA:

    https://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/

  2. Inscribíndote nas accións voluntarias estables ao longo do curso, xeralmente a implicación é de 1-3 horas semanais. Infórmate sobre o Programa de actividades de voluntariado ambiental nas que podes participar, para que poidas elixir as máis acaídas ao teu gusto e dispoñibilidade.
    A continuación, deberás facer unha solicitude formal:
    - Campus da Coruña: oma@udc.gal
    - Campus de Ferrol: ocvfer@udc.gal
    Desde a OMA e a OCV de Ferrol contactaremos contigo para manter unha entrevista, e logo asinar un compromiso por escrito.

De acordo coa normativa sobre recoñecemento de créditos aprobada polo Consello de Goberno do 21 de xullo de 2016, recoñecerase 1 crédito por cada 10 horas de formación.  (Resolución reitoral da UDC pola que se establecen as actividades polas que se recoñecen créditos nos estudos de grao, pola participación en actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación, RR 16/10/2017, Anexo I, punto 7.- Recoñecemento de créditos por actividades formativas en programas de educación para sustentabilidade).

 

Persoal bolseiro

Grazas á convocatoria de bolsas de colaboración para formación complementaria do estudantado da Universidade da Coruña, que cada curso se adxudican para a participación nas tarefas da OMA e dos centros Green Campus, organízanse actividades formativas, obradoiros e saídas de campo para a participación libre da comunidade universitaria. 

Convocatoria de bolsas 2019/2020

Redes sociais das persoas bolseiras da OMA: