Galego-portugués

A sección departamental de Galego-Portugués, constituída sobre a base da antiga Área de Filoloxías Galega e Portuguesa da UDC, está formada por 3 profesores catedráticos, 5 profesores/as titulares, 2 contratados/as doutores/as, 3 axudantes doutores/as, 1 profesor contratado interino de substitución, 1 profesora lectora de portugués e 4 profesores/as honorarios/as.

O profesorado desta sección é o que dá o soporte principal á docencia no Grao en Galego e Portugués, alén de participar na docencia, entre outros, do Mestrado de Lingüística Aplicada e do Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade.

Entre as súas principais liñas de investigación están a gramática galega, a lingua literaria galega, a lingüística histórica, a sociolingüística galega, a ecdótica e crítica textual galega e portuguesa, a literatura medieval galego-portuguesa, a literatura contemporánea galega, o teatro galego, a lingua portuguesa e as súas literaturas, a literatura e as artes plásticas, literatura e xénero, estudos literario-culturais, relacións entre a literatura medieval e a contemporánea, ou literatura e novas tecnoloxías.