Español

A Sección departamental de Español está formada polo persoal docente e investigador das áreas de Lingua Española e Literatura Española, integradas no antigo Departamento de Filoloxía Española e Latina antes da constitución do actual departamento de Letras.

Os seus membros desenvolven a súa actividade docente de forma estable nas Facultades de Filoloxía e de Ciencias da Educación e, ocasionalmente, noutros centros (Graos en  Español: Estudos Lingüísticos e Literarios e demais graos da Facultade de Filoloxía, Mestrado Interuniversitario en Lingüística Aplicada,  Mestrado Universitario en Literatura Cultura e Diversidade,  Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas). Igualmente participan nos programas oficiais de doutoramento en Estudos Lingüísticos e en Estudos literarios.

A maioría do persoal docente e investigador forma parte do grupo de investigación Hispania (Grupo de Investigación en Lingua, Literatura e Cultura Hispánica) ou da unidade de  investigación de Linguaxe Natural. Na actualidade os membros da sección participan en tres proxectos de investigación financiados polo MINECO.

As súas liñas de investigación son as seguintes: Literatura e cultura española do Século de Ouro, Bibliotecas dixitais de obras dos séculos XVI e XVII, Literatura e cultura hispánica medieval, Poesía de cancioneiro, A linguaxe artística no século XX en Europa e en Hispanoamérica, Literaturas e estudos culturais hispanoamericanos, Literatura española contemporánea, Historia literaria e cultural moderna e contemporánea, Semántica, Ensino do español, Morfoloxía, Sintaxe, Gramática, Gramática do texto, Lexicoloxía, Lexicografía teórica, Práctica lexicográfica.