Filoloxía Latina

A sección departamental de Latín está integrada polos profesores Arsenio Ferraces Rodríguez (CU), Fernando González Muñoz (TU) e José Carlos Santos Paz (TU).

Actualmente imparten docencia nas Facultades de Filoloxía (Graos en Español, Galego e Inglés, mestrado universitario en Literatura, cultura e diversidade), e de Humanidades (grao en Humanidades; mestrado universitario en Estudos avanzados en museos, arquivos e bibliotecas).

Asimesmo, dirixen ou participan en diferentes proxectos de investigación.