Estudos Ingleses

A Sección de Estudos Ingleses forma parte do Departamento de Letras, na Facultade de Filoloxía. É receptora de alumnado de toda Galicia e ten un compoñente de internacionalización moi elevado, como se demostra nos convenios e programas de mobilidade vixentes. Estudos Ingleses ten un índice moi elevado de alumnado Erasmus, e participa en programas conxuntos coa Universidade de South Wales, a Universidade de Holy Cross, o Dublin City University e o University College Cork, entre outros.

O corpo docente desta sección está composto por profesorado con formación internacional en países de fala inglesa, e o seu obxectivo académico e pedagóxico é facilitar e potenciar a visión transnacional dos estudos en lingua inglesa. Para isto, imparte estudos de grao, mestrado e doutoramento que reflicten as liñas de investigación dos seus membros, e que colocan os estudos propostos na actualidade académica e profesional, paralelamente a universidades de recoñecido prestixio internacional.