Obradoiros dispoñibles

FORO AVANZA

triple logo

O FORO AVANZA vai ter tres actividades fundamentais para calquer estudante ou titulado/a para a súa empregabilidade: Emprego, emprendemento e contacto con empresas.

Ao longo de tres  días desenvolveranse charlas informativas, obradoiros e encontros coas empresas participantes no FORO, que ademáis poderán recoller currículos.

O FORO vai celebrarse os días 13, 14 e 15 de novembro na Facultade de Economía e Empresa, situada no Campus de Elviña

PROGRAMA

INSCRICIÓNS

 

PROGRAMA MELLORA DA EMPREGABILIDADE (PMEC) NOS CENTROS DA UDC 2018/2019

triple logo

A asistencia aos tres módulos formativos cunha duración de 10 hs., dará a posibilidade ao alumnado de solicitar 1 crédito ECTS.

Este programa constará de tres módulos formativos:

MÓDULO 1.-  SEMINARIO DE FOMENTO DA CULTURA EMPRENDEDORA – 3HS.
Terá como obxetivo difundir como se xeran as ideas empresariais e poder romper os mitos sobre a figura do emprendedor/a, amosando que calquera persoa con gañas e esforzo, pode convertir a súa idea nun proxecto empresarial. O contido formativo versará sobre a explicación da figura do emprendedor/a, a idea de negocio e a posta en marcha. Este formación teórica complementarase cunha dinámica sobre a metodoloxía de xeración de modelos de negocio – Canvas.


MÓDULO 2.-  SEMINARIO ORIENTACIÓN LABORAL: INTRODUCIÓN AOS PROCESOS DE SELECCIÓN DAS EMPRESAS- 3 HS.
Axuda para desenvolver as competencias básicas necesarias para enfrontar os procesos de selección de persoal utilizados polas empresas para avaliar aos/ás candidatos/as . Os obxectivos deste Módulo son:

  • Aprender a elaborar o CV adaptándoo a cada oferta de prácticas ou emprego, saber seleccionar e potenciar os datos máis salientables e a elixir formatos e soportes.
  • Familiarizarse coa proba da entrevista e os seus tipos, coñecer as preguntas habituais e aquelas máis novidosas así coma as competencias que avalía.
  • Introducirse na proba da dinámica de grupos
  • Coñecer os recursos básicos para a procura de prácticas e emprego (portais de emprego e prácticas xeralistas e específicos, metabuscadores, consultoras de RRHH, directorios de empresas, a Rede EURES, programas de prácticas para estudantes e persoas recentemente egresadas, a autocandidatura espontánea, os contactos e as redes sociais profesionais, etc.).


MÓDULO 3.-   CASOS PRÁCTICOS- 4HS.
Profesionais de departamentos de RR.HH. de distintas empresas ou persoas que orienten sobre a busca de emprego e o relatorio das experiencias de emprendedores, complementarán o programa formativo.

 

OBRADOIROS DO PMEC DISPOÑIBLES
  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. FACULTADE DE CIENCIAS (Campus A Zapateira - A Coruña). Salón de Actos 22/11/2018. Horario 11:00h a 14:00h.

  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. FACULTADE DE FILOLOXÍA (Campus A Zapateira - A Coruña). Salón de Graos 21/11/2018. Horario 9:00h a 12:00h.

  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR- (Campus de Esteiro - Ferrol). Aula 03 5/11/2018. Horario 11:00h a 14:00h

  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. E.T.S. ENX. CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS (Campus de Elviña- A Coruña). Salón de Graos I 15/11/2018. Horario 12:35h a 15:35h

  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. E.T.S ARQUITECTURA (Campus A Zapateira - A Coruña). Salón de Actos. 24/10/2018 . Horario 11:00h a 14:00h.

  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. FACULTADE DE SOCIOLOXÍA (Campus Elviña-A Coruña). Salón de Graos 12/11/2018. Horario 10:00h a 13:00h.

  • Seminario de fomento da cultura emprendedora. FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN (Campus de Elviña- A Coruña). Aula 4 16/11/2018. Horario 12:00h a 15:00h.