Emprego

A unidade de emprego da Universidade da Coruña está integrada no Servizo de Atención e Promoción do Estudante (SAPE) que forma parte da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria. O seu obxectivo é proporcionar ao estudantado orientación, información e formación de cara á mellora da súa empregabilidade no acceso ao mundo laboral. As competencias da Unidade están relacionadas co impulso institucional nos ámbitos das prácticas externas, do emprendemento e das políticas activas de inserción laborais.

A Universidade da Coruña é, por quinto ano consecutivo, centro colaborador do programa Explorer "Jóvenes con ideas" que impulsa o talento novo e a xeración de proxectos innovadores nun contorno dixital, aberto e colaborativo. 

Trátase dun programa de emprendemento do Banco Santander que axuda a aterrar proxectos apoiando o seu lanzamento ao mercado. O programa ofrece apoio, formación, asesoramento, premios en metálico e viaxes a Silicon Valley para os mozos que apostan por transformar o futuro con ideas innovadoras.

 

 

Séguenos en:

      fb_icon_325x325   twitter-2012-positive-logo-916EDF1309-seeklogo.com

Actualidade