Prácticas externas

As prácticas externas son unha actividade de natureza formativa que ten por obxectivo permitir ao estudantado aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica. As prácticas deben favorecer a adquisición de competencias que preparen ao estudantado para o exercicio de actividades profesionais e, asemade, favorecer a súa empregabilidade, sempre baixo a supervisión da Universidade.

Que vantaxes teñen as prácticas para a entidade colaboradora?

As prácticas ofrecen ás empresas e institucións colaboradoras a oportinidade de colaboraren no proceso de formación dos/as futuros/as profesionais e, alén disto, facilitar a inserción do estudantado no mercado de traballo. As prácticas permiten que o/a futuro/a profesional estea preparado/a e posúa mellores ferramentas para desenvolver as súas funcións no ámbito empresarial en que se insire.

Que vantaxes teñen as prácticas para o estudantado?

O estudantado pode completar a súa formación teórica con habilidades e competencias dirixidas a un mellor desenvolvemento da súa futura actividade, alén de adquirir unha experiencia que facilitará o seu acceso ao mercado do traballo.

Requisitos

Para poder realizar prácticas externas é necesario formalizar un convenio de cooperación educativa entre a UDC e a entidade colaboradora no que se regulen as condicións en que se desenvolverán as prácticas. O seguimento das prácticas levarase a cabo por unha persoa titora da universidade e mais por unha persoa titora profesional designada pola entidade colaboradora.

Clases de prácticas externas

- Prácticas externas curriculares

Pode realizalas o estudantado da UDC que curse un título en que se inclúa como materia académica de prácticas.

No caso de ser remuneradas a entidade colaboradora ten a obriga de dar de alta na Seguridade Social e a cotizar, se ben a disposición adicional vixésimo quinta do real decreto lei 8/2014, de 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia (BOE do 5 de xullo), establece que as prácticas curriculares terán unha bonificación do 100% na cota da Seguridade Social a partir do 1 de agosto de 2014. 

- Prácticas externas extracurriculares

Pode realizalas todo o estudantado da UDC que superaran o 50% de créditos para títulos de grao (incluíndo toda a formación básica) e o 25% para mestrados. Estas prácticas teñen carácter voluntario durante o período de formación aínda que non estean incluídas nos plans de estudo. O estudantado pode solicitar a súa inclusión no Suplemento Europeo do Título.

No caso de ser remuneradas a entidade colaboradora ten a obriga de dar de alta e cotizar á Seguridade Social (sen bonificación).

Oferta de prácticas académicas en unidades da UDC

Oferta de prazas para prácticas curriculares na UDC 2017-2018

Oferta de prazas para prácticas curriculares na UDC 2018-2019

Oferta de prazas para prácticas curriculares na UDC 2019/2020

      Segunda oferta de prazas para prácticas curriculares na UDC 2019/2020